XVIII Concerto de Outono, Chucho Valdés, Café Quijano, Ángel Martínez, Miguel Lago, Dani Martínez… e máis.
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a programación cultural 2025-2026 do Auditorio Fuxan os Ventos, unha tempada que reunirá propostas musicais, teatrais e de humor ata a primavera de 2026.
Ferreiro subliñou que “queremos que o Auditorio Fuxan os Ventos siga a ser un espazo de encontro cultural para toda a cidadanía, cunha oferta diversa que combina tradición, talento galego e nomes de referencia internacional”. Este ano, ademais, súmase unha cita moi especial, “a celebración no noso auditorio da gala dos Premios Mestre Mateo 2026, un evento que situará de novo a Lugo no epicentro da cultura galega”.
Programación Auditorio Fuxan os Ventos 2025-2026:
OUTUBRO 2025
25 Outubro. 19.30h. «XVIII CONCERTO DE OUTONO». Participación de tres Corais:
«CORAL XUVENIL CÁNTIGA» Ourense. Coro mixto 30 compoñentes.
» CORAL SAN ROQUE DE VIGO» 55 compoñentes de voces mixtas.
» ORFEÓN XOÁN MONTES DE LUGO » 28 Compoñentes de voces graves
Comenza ás 19:00 h, co quencemento das voces dos coros participantes.
19:30 h.: COMENZO DO XVIII CONCERTO De OUTONO 2025
Primeira actuación a cargo da Coral Xuvenil Cántigas de Ourense.
A segunda actuación, será interpretada pola Coral San Roque de Vigo.
O final das actuacións, correrá a cargo do Orfeón Xoán Montes de Lugo.
A clausura do XVIII Concerto de outono será o rededor das 21:00 h. coa entrega de agasallos aos/as participantes.
Entradas en entradaslugo.es
NOVEMBRO 2025
7 novembro. 20.30h. Concerto de Victor Wooten and Wooten brothers.
Entradas en entradaslugo.es
11 novembro. 20.30h. Concerto de Chucho Valdes Royal Quartet.
Entradas en ataquilla.com
CANCELADA 16 novembro. 20.30h – Teatro “1936” CANCELADA
DECEMBRO 2025
5 decembro. 20.30h. Ángel Martín.
Entradas en ataquilla.com
23 decembro – 20:30 – «Esfínter 5» con Javier Veiga, David Amor e Rober Bodegas.
90 minutos de puro humor por parte de tres dos humoristas máis recoñecidos da nosa terra, que volven como o turrón para xuntarse co público galego.
Entradas en ataquilla.com
27 decembro – 18:00 e 20:30 – Espectáculo «Reinventio» (danza, circo).
Reinventio é un espectáculo familiar de gran formato, no que conviven a comedia e o drama, a danza, o ilusionismo e as artes circenses.
Ilusionismo, levitacións, acrobacias, equilibrios, malabares, números aéreos, treboadas de neve e torres de vento, pezas interactivas, videoproxeccións, animación audiovisual, simbolismo celta e barroco compostelán, traxes futuristas, humor, drama, comedia, maxia, danza…
Un espectáculo que redefine os límites do imaxinario colectivo, fusionando tradición e modernidade nunha experiencia revolucionaria e multisensorial.
Duración: 90 min.
Entradas en ataquilla.com
28 decembro 18:00 e 20:30 Abraham Cupeiro.
“RESOANDO NO PASADO”
Resoando no Pasado é uhna colección de instrumentos que Abraham Cupeiro mostra a través dun concerto -monólogo no que viaxa ao pasado máis remoto da nosa especie a través dos sons dos instrumentos de vento.
Este proxecto, xurde da inquietude de Abraham por coñecer e recuperar instrumentos de todas as épocas e lugares.
Alguns deles, contruíunos o propio Abraham:
Karnix: Basouse nunha moeda romana e dista do que se atopou en Tintignac tan só 3 cm.
Cornu, foi construído sobre uns planos dun exemplar achado en Pompeia e cuia sonoridade é sorprendente.
Trompeta natural: Foi o primeiro instrumento que fixo, cas técnicas do século XVII.
E outros foinos adquirindo ao longo dos anos nas súas viaxes , como por exemplo: Rag Dung, Gaida, Shofar, Chalumeaux, Toba, Schalmei, Zurna,…
Resoando no Pasado vio a luz no 2006 e dende entón máis de 40000 persoas puideron desfrutar deste concerto, onde Abraham toca máis de 100 instrumentos ao longo do espectáculo.
Dende unha pequena frauta de óso( 46000 a.c) ata un gran gran Sousaphone orixinal do século XIX. Na colección, están representados instrumentos de todas as familias, lugares e épocas.
Ao longo do concerto, todos eles resoan de novo e dan lugar a interesantes anécdotas, de xeito que nos achegan á parte máis humana dos instrumentos musicais.
Entradas en ataquilla.com
2026
24 Xaneiro 2026 20:30 Concerto de SÉS.
SÉS presenta ao vivo o seu novo traballo, «Nadando na incerteza», un traballo no que a canción sitúase no centro absoluto, sen sobreproducións nin artificios, nun exercicio de artesanía e autenticidade que reivindica a súa condición de cantora e facedora de cancións.
Entradas en ataquilla.com
6 febreiro. 20.30h. “Nymeria” de Pablo Méndez Performances.
Entradas en ataquilla.com
27 febreiro. 20.30h. Café Quijano.
Entradas en ataquilla.com
14 Marzo 2026 20:30 Concerto de Amancio Prada – 50º Aniversario Rosalía de Castro
Celebrar medio século dun disco é celebrar a viaxe de toda unha vida. Hai cincuenta anos, Amancio Prada iniciou unha peregrinación sonora ao corazón da poesía de Rosalía de Castro, e aquel primeiro paso, o seu lendario álbum, converteuse no compás que guiou a súa traxectoria.
Entradas en ataquilla.com
11 abril. 20.30h. Dani Martínez.
Entradas en ataquilla.com
25 Abril 2026 20:00 El Brujo con «Iconos ou a exploración do destino»
monólogo de humor que reflexiona sobre o destino na traxedia griega.
Desfilan por este espectáculo as grandes figuras icónicas de Medea, Edipo, Antigona e finalmente Hécuba. A exploración do destino vén da man dunha exposición comparada desta forza determinante (o destino) na vida dos héroes tráxicos e así mesmo nos relatos da mitoloxía hindú, onde o concepto de karma inclúe no dinamismo do destino, o concepto de liberdade.
Todos estos ingredientes van intercalados con experiencias autobiográficas do propio autor e actor, a modo de parodias de humor, con elementos didácticos do repertorio habitual do Festival de Teatro Clásico de Mérida.
Entradas en ataquilla.com





























