As fotografías premiadas no Maratón Fotográfico Lugo Cultural 2025 da USC (Cultura USC) foron:
O Premio Carlos Valcárcel ao mellor traballo presentado dentro do tema proposto pola organización, «tenrura», dotado con 350 euros e diploma acreditativo, recaeu na fotografía ‘Eme de ternura’ de Francisco Javier Lanseros García.
Pola súa parte, o Premio Eduardo Ochoa á mellor imaxe de temática libre, dotado con 300 euros e o seu correspondente diploma, foi parar á proposta titulada ‘Nubes amarelas’ de Begoña Pérez López.
Finalmente, o premio do público distinguiu ‘O inxenio cotidián’ de Faisury Zapata García e ‘Entre raíces’ de Elba Curros Saavedra.
Participaron 49 persoas que entregaron 66 fotografías.
Unha ducia dos traballos presentados permanecerán expostos na Biblioteca Intercentros ata o vindeiro 16 de decembro
Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte