4.4 C
Lugo
Sáb, 20 Dic 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

(E ás 18:30) Medrando no Nadal 2025

26 de diciembre - 17:00 - 30 de diciembre - 17:00
Medrando no Nadal 2025

Auditorio Municipal Gustavo Freire

– 26 de decembro ás 17:00 e ás 18.30. “O Ninho” da Cia Particulas elementares.

Recomendada a partir de 3 anos
Duración: 35 minutos

Sinopse:

«Era una vez un niñito. Un niñito con un huevo. Un huevo muy redondito, que tiene dentro un pajarito Nuevo» (Secreto – Miguel Torga). O ninho inspírase nun dos poemas máis sinxelos do escritor portugués Miguel Torga, que nunhas poucas líñas desvela cómo un segredo ben gardado pode fortalecer unha amizade verdadeira. O ninho é un convite a valorar as cousas sinxelas da vida, esas que non son complexas de entender e deben conservarse como as máis importantes.

– 27 de decembro ás 17:00 e ás 18.30.“Un trozo de pan” de Cía. Les Pinyes.
Recomendada a partir de 3 anos
Duración: 40 minutos

Sinopse:

Teño fame! Qué xantamos hoxe? Pensástedes algunha vez de onde ven o pan que temos na mesa? Cómo se cociñou? De onde veñen os ingredientes? Seguiremos a viaxe que fai un pan, un sinxelo pan. Pouco a pouco descubriremos as respostas en forma de canción, de debuxos, de títeres e de maxia. Un trozo de pan é unha experiencia visual, sensitiva e divertida para o público máis pequeno. Mans á masa!

– 28 de decembro ás 17:00 e ás 18.30. “Comenoites” de Náufragos Teatro.
Recomendada a partir de 2 anos
Duración: 35 minutos

Sinopse:

Comenoites é unha bonita historia coa que os nenos e as nenas descubrirán o segredo de por que existen o día e a noite.
Comenoites é un trasgo regordete que come todo tipo de noites para que o Sol poida saír cada día, traendo luz, calor e cor para todos. Unha noite a súa amiga a Lúa coméntalle que se está a poñer gordinflón e Comenoites deixa de comer. Nunca volverá a saír o Sol!  Tan só unha estrela pode abrirlle novamente o apetito. Ti tes unha estrela? Volverá saír o Sol?

– 29 de decembro ás 17:00 e ás 18.30. “Emociones de hojalata” de Mar Rojo Teatro.
Recomendada entre os 12 meses e 6 anos
Duración: 40 minutos

Sinopse:

Inma e Emma construiron un amigo á súa medida: o robot “Hojalata”. Todo está listo para a súa presentación, pero falta por poñer a peza máis importante, o corazón. “Hojalata” actívase, e coa emoción sofre un cortocircuito. O diagnóstico é claro: o seu corazón non funciona, porque ten as emocións feitas un lío! Inma e Emma porán orde nas súas emocións para que o pequeno corazón de “Hojalata” comece a latexar con normalidade, e conseguir por fin ter ao seu lado a un novo amigo.

– 30 de decembro ás 17:00 e ás 18.30. “Lumiero” de La menuda.
Recomendada entre os 0 e 5 anos
Duración: 40 minutos

Sinopse:

La Menuda estrea un novo espectáculo coa luz coma protagonista. Da man do colecionista de luz Lumiero (o paiaso Pere Hosta) e a súa filla Lumina (a bailarina e actriz Jana Noguera), o público descubrirá a maxia da penumbra e o fascinante universo de historias que se agochan nela. En Lumiero, a compañía incorpora o teatro xestual á poesía visual, a danza e a música en directo que configuran a súa esencia, cercana e sensible para achegarse á primeira infancia con delicadeza.

ENTRADAS

As entradas para cada función terán un prezo simbólico de 3 euros

Tanto os menores como as persoas adultas deberán retirar entrada para acceder ao auditorio (cun aforo de 80 persoas por pase)

Pensando nas familias que desexen participar en varias propostas, a área de Cultura ofrecerá un bono para cinco funcións por 10 euros, dispoñible do 15 ao 20 de decembro. A partir do día 21 iniciará a venda das entradas individuais.

https://entradaslugo.es/

Ademais, con calquera das entradas será posible desfrutar previamente de “Un Mar de Xogos”, unha instalación lúdica creada por Bico de Toupa que permanecerá aberta no propio auditorio entre as 16:00 e as 18:30 horas.

Programación do Nadal 2025–2026 en Lugo

Detalles

  • Comienza: 26 de diciembre - 17:00
  • Finaliza: 30 de diciembre - 17:00
  • Categoría del Evento:

Local

  • ​Auditorio Municipal Gustavo Freire
  • Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
    Lugo, Lugo 27003 Spain
    + Google Map
  • Teléfono 982 24 44 05