Aberta a inscrición no Microaberto 2024 do Lugo Cultural.
Participa no microaberto, cunha canción, un monólogo, unha poesía, un texto, etc.
Ata o día 23 de outubro podes inscribirte.

A primeira sesión de Microaberto deste curso, será o 28 de outubro ás 20.00 horas na cafetaría da Facultade de Administración e Dirección de Empresas e a artista convidada será Laura LaMontagne.

Ata o día 23 de outubro podes inscribirte neste formulario e enviar as túas propostas a cultura.lugo@usc.gal para participar no microaberto. Pode ser unha canción, un monólogo, unha poesía, un texto, etc.

Esta actividade enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do Lugo Cultural e  incluída dentro da programación do Outono Cultural