A Área de Cultura da USC abre este luns 8 de setembro o prazo de inscrición na programación artellada en materia de danza nos campus de Santiago e Lugo. Trátase dun amplo abano de actividades que abranguen dende modalidades de danza tradicionais, ata propostas máis contemporáneas.
No Campus de Lugo, o prazo de inscrición esténdese ata o día 29 de setembro. Danza creativa, danza ioga, danza contemporánea, voz e movemento e danza tradicional galega integran a programación ofertada no campus lucense.
Pola súa parte, Compostela acollerá actividades formativas sobre danza creativa, danza ioga, danza contemporánea, danza tango, pandeireta, danza latina, danza fusión étnica e danza tradicional galega. O prazo de inscrición no Campus de Santiago finaliza o 26 de setembro.
Toda a información relativa a cada curso e o seu procedemento de inscrición pode atoparse no web da Área de Cultura da USC.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte