SETEMBRO 18 O programa PROSCENIO, posto en marcha pola Deputación de Lugo, está dirixido as compañías profesionais de teatro de carácter privado e con domicilio fiscal na provincia de Lugo, e conta cun investimento do organismo provincial de 25.000 euros. O calendario de actuacións de representación das compañías será dende o 1 de novembro ata o 31 de decembro de 2018, e o caché de cada representación dependerá da tipoloxía e natureza das obras, que oscilarán como máximo entre os 4.000 e os 5.500 euros. Os Concellos ou Asociacións sen ánimo de lucro que desexen participar nesta iniciativa deberán aportar o 50% de cada actuación, e o restante correrá a cargo da Deputación.
Para más info recomendamos consultar as bases no BOP (pdf) xa que, tanto Concellos, como as Asociacións e as compañías de teatro, teñen de prazo 10 días naturais, é dicir ata o 8 de setembro para presentar toda a documentación necesaria para participar neste proxecto.
Para realizar o calendario de PROSCENIO, a Deputación constituirá unha comisión técnica que será encargada de analizar a presentación de solicitudes, tanto das peticións de actuacións nos diferentes Concellos e Asociacións, como as inscricións dos grupos de teatro de acordo co establecido nas bases deste convocatoria. Ademais, esta comisión tamén será a encargada de encaixar as necesidades dos Concellos, asociacións e dos grupos teatrais.