Convocatoria de residencias artísticas de danza en Lugo.
«Atopémonos bailando» é o primeiro programa de residencias artísticas e investigación para profesionais da danza e das artes en movemento a celebrar en Lugo. Está promovido polo Colectivo Glovo e a Concellería de Cultura.
“Con Atopémonos Bailando consolidamos o noso apoio ao sector da danza facendo fincapé con este proxecto na primeira fase de investigación e creación de espectáculos, xunto cos outros proxectos da cidade como poden ser o Festival Cartografía en Movemento e o Ciclo LED Lugo En Danza”, declarou Maite Ferreiro responsable da área de Cultura
Atopémonos Bailando ten como obxectivos impulsar e apoiar a creación e investigación en danza e artes do movemento de compañías de ámbito galego, estatal e internacional creando un espazo para a realización de residencias de creación e investigación, con especial atención ás creadoras de Galiza, e difundir e achegar os procesos de creación en danza contemporánea á veciñanza.
Está aberto o proceso para que as profesionais da danza e artes do movemento a presentar os seus proxectos para a realización dun máximo de 6 residencias artísticas ou de investigación para ser realizadas entre os meses de maio e outubro de 2022 en Lugo.
Poden presentar as súas solicitudes entre o 4 de marzo e o 31 de marzo de 2022, para realizar as súas residencias entre o 1 de maio e o 30 de outubro nas instalacións do MIHL.
Toda a información pode atoparse na web do proxecto, http://www.atopemonosbailando.