Un novo xeito para o tempo de lecer da man de Xabier Iglesias centrada no baile tradicional galego e aberta a outras danzas populares e o cuidado do corpo para o baile, o canto e a vida.
SETEMBRO 2018 Unha magnífica noticia para Lugo: temos nova escola de arte e cultura tradicional que ademáis oferta outras actividades para o lecer. O reputado bailarín lucense Xabier Iglesias abre as portas da súa nova escola, OXEITO, este venres 14/09 ás 20:00 e todo o mundo está invitado a esta inauguración que contará cunha pequena actuación de Pitanfona (Jose Varela e Efraím Díaz) + Branca Villares e Pablo Pintor, seguida duns petiscos e un viño.
A escola OXEITO nace coas premisas «do respecto fundamental polas formas de expresión tradicionais que son o sentimento dun pobo» e » a nosa cultura tradicional está viva, en movemento, e debemos deixala fluir para que cada un atope o seu xeito.» E baixo as mesmas oferta clases, para distintos niveis e idades, de:
Baile Tradicional – Pandeireta – Canto tradicional – Aula de
pandeira – Aula de improvisación – Claqué – Jazz Vintage –Hipopresivos – Pilates-Ioga… e para os máis peques Cantibaile e Música en familia.
Da man de profesionais acreditados: Branca Villares, Cristina Amil,
Lola Vintage, Daniel Pardo e o propio Xabier Iglesias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN – Prazas limitadas por orde de inscrición! Rúa San Eufrasio 94 Lugo 982 256 485
oxeito.xabi@gmail.com Facebook – Instagram