SETEMBRO 2018 O retorno ás rutinas posvacacionais faise máis levadeiro asistindo a algunha, varias ou todas as propostas culturais da cidade. É un dos múltiples beneficios de «consumir» cultura, o disfrute que provoca é un verdadeiro e efectivo empurrón para levar adiante os quefaceres da vida moderna. E xente que fai disfrutar e conquista sempre coas súas micropezas teatrais son os Microefectos Dramatúrxicos, que estiveron un par de noites no Club Clavicémbalo emocionando a moito público (e moito ao público). O  fotógrafo Pepe Saavedra (e guionista dalgunha peza microefectiana) pasounos xentilmente estas fotos, que captan maxistralmente ao reparto en acción. Coñecedores da dificultade extrema do Clavi e as súas luces para a fotografía, o de «maxistralmente» non é unha exaxeración. Fotazas: