CLAN EN VIVO

Auditorio Municipal Gustavo Freire Lugo
Sábado, 22 Setembro 2018 17.00

Despois do éxito cultivado durante a xira 2016- 2017, Clan despídese cun renovado espectáculo cheo de cancións, aventuras, diversión e moitas sorpresas, e faio “en Vivo!” . Nun colorista Estudio de Televisión se desenvolverán catro actos teatrais máis un espectacular e fulgurante happening final cheo de colorido.

Os teus personaxes favoritos de Clan: Os Octonautas, Os Osos Amorosos, Caillou e Pocoyo, demostrarán o seu talento para cativar a un xurado moi divertido pero moi esixente formado polos Lunnis 8 que irrompen no escenario e móvense polo patio de butacas interactuando con nenos e pais en moitos momentos da función.)

Un gran espectáculo musical para toda a familia, repleto de humor e diversión.

Mercar entradas CLAN EN VIVO – Ataquilla-

LA SIRENITA, EL MUSICAL


​Auditorio Municipal Gustavo Freire Lugo
Domingo, 21 Outubro 2018 17.00

A SIRENITA, UNHA AVENTURA ECOLÓXICA, un gran musical producido por Candileja producións para toda a familia onde os personaxes que creou o escritor Hans Christian Andersen cóntannos esta divertida aventura que vai desde o mar ata a Terra aportando valores como o agarimo pola natureza e a importancia do seu coidado mediante a reciclaxe.

O musical foi valorado como un dos mellores espectáculos para toda a familia grazas á súa mensaxe e calidade artística. Escrito e dirixido por Jesús Sanz-Sebastián, gañador do premio CREA nos premios do Teatro Musical, o espectáculo conta cunha coidada posta en escena, marabillosos vestiarios, marionetas e perrucas que crearán momentos inesquecibles; todo a ritmo de grandes números musicais que van desde o pop ao soul.

Mercar entradas LA SIRENITA, EL MUSICAL -Ataquilla-

PETER PAN, UN MUSICAL MUY ESPECIAL


​Auditorio Municipal Gustavo Freire Lugo
Domingo, 25 noviembre 2018 17.00

PETER PAN. UN MUSICAL MOI ESPECIAL Voar, facer realidade os soños, gozar dun xogo interminable… Iso é PETER PAN. Un musical moi especial. Unha aventura no país de Nunca xamais para toda a familia onde a diversión está garantida. Acompaña a Peter Pan, o neno que nunca creceu, e a todos os seus amigos nun espectáculo cunha espectacular e colorida posta en escena, marionetas e grandes números musicais.

PETER PAN, un PROXECTO TEATRAL, EDUCATIVO E SOCIAL, unha produción profesional de Teatro Musical que ten a misión de converterse nun espectáculo inclusivo, SEN BARREIRAS SOCIAIS, onde actores de Teatro Musical traballarán xunto a artistas con discapacidade intelectual, normalizando así a participación de persoas profesionais con discapacidade intelectual nas Artes Escénicas.

Mercar entradas PETER PAN, UN MUSICAL MUY ESPECIAL -Ataquilla-