O Festival Cartografía en Movemento celebra once edicións os días 2, 3 e 4 de setembro en Lugo.
Obradoiros e artes vivas en espazos non convencionais serán as propostas de balde e para todos os públicos desta cita. 
Inscrición aberta nos obrodairos: ‘Composición estable. Taller de movementos e equilibrios en familia’ e ‘Flamenco contemporáneo’.

Setembro comeza cunha das citas imprescindibles da programación cultural en Lugo: o festival Cartografía en Movemento 2022 chega a fin de semana do venres 02 para, como en cada edición, namorar da danza, das artes do movemento e de Lugo ás persoas nada, pouco ou moi interesadas na danza e na cidade.

Porque ahí está un dos puntos fortes do festival: a arte para namorarnos da cidade e a cidade para namorarnos da arte. Un lugar de Lugo «danzado» xa non volve a ser o mesmo para quen vai ao Cartografía. Para ben, o festival muda o espazo…e á persoa – e todo de balde –

Porque a proposta de encher o MIHL de danza serve para namorarnos do museo… e da danza, as funcións na Pza do Mercado, serven para namorarnos da danza e… desa zona peonil levandoa máis aló, moito máis, de espazo para carga e descarga e zona de paso, e a proposta de danzar en recunchos da cidade serve, como mínimo, para miralos con novos ollos.

As experiencias culturais nos espazos públicos transforman eses espazos en novos, e mellores, lugares. As experiencias culturais transforman ás persoas en novas, e mellores, persoas. 

Por todo esto e máis, recomendamos o Cartografía. 

O Festival está promovido pola asociación cultural  3monos e o Colectivo Glovo. Conta co apoio de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua.

PROGRAMA

A programación comeza o venres 2 no Museo MIHL ás 20:30h coa colaboración de iXa e o Conservatorio de danza de Lugo coa peza “Xeración Z” interpretada polos alumnos del 5º e 6º grado. Continuará Fran Martínez coa peza “Velar” e para pechar a xornada a compañía Paula Quintas coa peza “MULTIPERSPECTIVAS#2” (work in progress), pezas para todos os públicos e coa entrada de balde, aínda que con aforo limitado.

A programación continua o sábado 3 ás 11h co obradoiro de ‘Composición estable – Taller de movementos e equilibrios en familia’ no Museo Interactivoda Historia de Lugo (MIHL) a cargo de Paula Quintas, ao que seguirá ‘Flamenco contemporáneo’, impartido por Álvaro Murillo ás 12.30h, onde o bailarín dará pautas para explorar a adaptación do movemiento contemporáneo aos sons e emocións do mundo flamenco. Estas propostas son para todos os públicos e para inscribirse cómpre só mandar un mail indicando nome e idade a colectivoglovo@gmail.com.

O festival trasladarase na tarde do sábado á Praza de Abastos, onde ás 20:30h abrirá o programa a compañía Clara Ferrão cunha peza titulada ‘Miñaxoia’. Continuará Álvaro Murillo, cun espectáculo co o nome de ‘8km en mula’. Seguirán Premoh`s Cru coa súa proposta ‘Anónimas Raíces. Rematando a xornada tenemos a compañia Alba Fernández co a peza “Blues de medianoite”.

A xornada do domingo celébrase ‘A alma de Cartografía’ con distintas propostas en espazos da cidade.

En caso de choiva, as actividades do sábado realizaranse no MIHL na súa totalidade, e as do domingo na Praza de Abastos.

Fonte: Gab. Com. Cultura. Presentación do Festival Cartografía en Movemento con Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Linga, e responsables da organización (Colectivo Glovo - 3monos)