Primavera teatral no Cemiterio Municipal. As actividades comezan o 19 de marzo coa celebración do día do pai, e esténdense até xuño.

Novo programa de actividades que acollerá o Cemiterio Municipal de Lugo nos vindeiros meses para «achegar o noso patrimonio artístico, arquitectónico e histórico» como sinalou Cristina López, concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza durante a presentación 

As actividades comezarán na mañá do vindeiro día 19, a partir das 13h, coa celebración do día do pai, cunha actividade a cargo da Escola Palimoco de Teatro.

Os días 24 de abril, 22 de maio e o 19 de xuño, a compañía Achádego Teatro retomará a celebración das visitas teatralizadas no cemiterio, “un éxito de asistencia entre a veciñanza cada vez que se realizan”, afirmou a concelleira de Participación.

O 1 de maio, a Escola Palimoco de Teatro e Danza organizará unha celebración polo día da nai, e o 29 de maio a partir das 20 horas, o cemiterio acollerá a representación do Estudio Teatral de Lorca.