Rata Negra dan o pistoletazo de saída ao FaCeLaFest 2022. Concerto de presentación do festival o sábado 26/03 no Club Clavicémbalo.

Nova noite de música en directo no Club Clavicémbalo
con Rata Negra na festa presentación do FaCeLa Fest 2022 que esta edición conta, entre outros, con Triángulo de Amor Bizarro, Los Punsetes ou The Wedding Present (entradas)

Rata Negra é unha banda de punk que surxe en 2014 das cinzas de Juanita y los Feos. Levan tres LPs editados polo prestixioso sello londinense La vida es un Mus.

Tanto crítica coma público póñenos polas nubes, incluso o pai de case todo, Iggy Pop, pinchounos no seu programa de radio da BBC.

Palabras dos Facelas: 

«Se aínda non os coñeces, acabarás celebrándoo porque se estás triste van ben, se estás ledo van ben, se odias van ben, e se queres bailar e mandar todo ao carallo van ben tamén. E por riba soan a gloria. Despois de varias xiras por Estados Unidos e Europa, tocar en festivales como o Fuzzville, confirmados para o próximo Canela party, o 26 tocaranos bailar aquí en Lugo o seu contundentente punk pop. Será un grandísimo concerto»

RATA NEGRA EN CONCERTO

Sábado 26/03 – 22:30 – Club Clavicémbalo

ENTRADAS – WOUTICK-