Programa da Mostra de Teatro Clásico de Lugo 2022. Dende o día 11 até o 27 de marzo, as mellores propostas de teatro clásico na nosa cidade.

A Área de Cultura, Turismo e Promoción da lingua presenta unha nova edición da Mostra de Teatro Clasico de Lugo, e con esta xa van XXII edicións. Durante
este mes de marzo, dende o día 11 até o 27, teremos unha nova oportunidade para gozar coas mellores propostas de teatro clásico na nosa cidade. 

Trátase dunha programación especial, extensa, de calidade e para todos os públicos, concentrada no tempo para facer así máis doada a súa afluencia e a publicidade e difusión da mesma.

Nesta vixésima segunda edición son 12 as obras que se representarán. 3 obras máis que na pasada edición e recuperando a rúa e e espazos singulares
como o Vello Cárcere como lugares de representación, ainda que o groso da Mostra será no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

Cabe destacar tamén, que sendo abundante a produción de clásico hai unha aposta por aquelas compañías galegas que se atreveron neste pasado ano a producir obras clásicas, de compañías tan solventes e de traxectoria contrastada como Voadora e outras que chegan a Lugo baixo o paraguas do Centro Dramático Galego (CDG) como no caso de “Arte sen guión”, un espectáculo de improvisación.

Tamén nesa edición hai teatro na rúa con “Quen ocupa esa cadeira” e no Vello Cárcere con “El perro mutante del hortelano”, sendo os dous espectáculos
gratuitos e este último celebrarse en dous pases.

As outras pezas que se representaran nesta mostra veñen abaladas por éxito de crítica e público en diversos Festivais do estado español ou comezan a súa
andaina na mostra lucense. 

Programan dúas pezas de teatro familiar para achegar o teatro clásico aos máis pequenos con “Fuenteovejuna” unha adaptación de Sol y Tierra da historia do Comendador de Ocaña para os máis pequenos e pequenas e cun “Pulgarcito”, unha das obras cumbre do Barroco que representará para toda a familia unha das compañias máis premiadas do teatro para a infancia e compañia premio nacional de teatro: Teatro Paraíso.

Outras das obras “Lázaro” e “Othello” contan coa colaboración da AGADIC.

En definitiva, Alfred Jarry, Shakespeare, Perrault, Quevedo ou Lope de Vega estarán representados nesta nova edición baixo moi diferentes prismas; Dende
un “Lázaro” cantado en base de rap, pasando polo teatro fisico e clown de “El Busclown”, as adaptacións transgresoras e modernas e diversas de
Shakespeare en “Othello” e “Macbeth” ou a improvisación de “Arte sen guión”. 

Unha mostra actual, unha programación diversa e para todos os públicos. Unha mostra de diferentes xeitos de afrontar os clásicos e traelos á modernidade. Un luxo para a cidade.

BONOS E ENTRADAS

Como sempre as entradas individuais e bonos poderán adquirirse en entradaslugo.es, na Oficina de Turismo ou no propio auditorio os días de función.

BONOS 8 REPRESENTACIÓNS (A obra Quixote para público familiar non entra no Bono).
ZONA: 35 €
ENTRADAS
ZONA A: 8 €
ZONA B: 6 €
* desconto do 37,5 % para persoas en paro, menores de 30 anos, pensionistas e actores e
actrices asociados á AAAG:
ZONA A: 5 €
ZONA B: 3,75 €

As obras de público familiar, “Fuenteovejuna” e “Pulgarcito”, van ter un prezo único de 5 € e non entrarán nos bonos.
A obra “El perro mutante del hortelano” non precisa entrada, accederase por orde de chegada ao Vello Cárcere.
A obra “Quen ocupa esa cadeira”, non precisa entrada ao ser un espectáculo de rúa, se chove e finalmente realizase no Vello Cárcere, o acceso á representación será por orde decegada.

Programación XXII Mostra de Teatro Clásico.

Venres 11 de marzo: ADIADO – ADIADO 
“El Busclown” de La Escalera de Tijera.
Gustavo Freire. 20,30h.

Sábado 12 de marzo:
“La escuela de los vicios” de Morfeo Teatro.
Gustavo Freire. 20,30h.

Martes 15 de marzo:
“El perro mutante del hortelano” de Emma Lobo.
Vello Cárcere. Dous pases; 18.30 e 20.30h. Gratuíto.

Xoves 17 de marzo:
“Lázaro” de Leamok.
Gustavo Freire. 20,30h.

Venres 18 de marzo:
“Noche de Reyes” de Ur Teatro.
Gustavo Freire. 20,30h.

Sábado 19 de marzo:
“Macbeth” de Gabriela Cortés.
Gustavo Freire. 20.30h.

Domingo 20 de marzo:
“Fuenteovejuna” de Sol y Tierra.
Gustavo Freire. 18.30h. Público familiar.

Xoves 24 de marzo:
“Arte sen guión” de Galeatro e CDG (Espectáculo de improvisación).
Gustavo Freire. 20.30h.

Venres 25 de marzo:
“Othello” de Voadora.
Gustavo Freire. 20,30h.

Sábado 26 de marzo:
“Quen ocupa esa cadeira. Clásicos” de Palimoquiños.
Praza Mayor (En caso de choiva no Vello Cárcere). 12h.
“Ubú Le Roi” de Los Sueños de Fausto.
Gustavo Freire. 20,30h.

Domingo 27 de marzo:
“Pulgarcito” de Teatro Paraíso.
Gustavo Freire. 18.30h. Público familiar