Baixo o lema ‘Os segredos na Domus’, desenvolverase unha actividade que consistirá en coñecer os segredos deste espazo emblemático para a USC e a cidade de Lugo a través dunha visita guiada dirixida a todos os públicos.
O acceso a este taller será de balde coa adquisición da entrada ao Museo.
Tal e como explica a directora da Domus, Dolores Dopico, “antes da visita guiada as persoas asistentes terán que descubrir unha serie de enigmas que lles serán propostos” no marco desta iniciativa cultural pero tamén lúdica que terá lugar os días 27 e 28 de decembro, así como o 3 e o 4 xaneiro, ás 11.30 horas. O taller ten unha duración de 35 minutos.
Para participar nesta actividade é preciso formalizar a reserva no teléfono 610 323 926 (de martes a venres de 11.00 a 14.00 horas) ou a través do enderezo electrónico museomitreo.lugo@fundacionusc.gal
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte