Maite Ferreiro, edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua presenta a nova edición de O que queda de verán, que amplia a programación da área de Cultura
Na praza Anxo Fernández Gómez a partir das 18 horas
«Trátase dunha serie de espectáculos na rúa de teatro e circo con propostas de moi diferentes estilos», explicou Maite Ferreiro, que engadiu «supón unha mostra do mellor en actividades de rúa que ofrece Galiza, o resto do estado e de propostas internacionais para desfrutar en familia».
Comezará o vindeiro xoves 08 de agosto na Praza Anxo Fernández Gómez, e incluirá catro espectáculos con compañías internacionais de prestixio mundial como son os arxentinos Chimichurri, xunto con actividades premiadas como Bombea de Cia La pulpa (Tarragona) premio Cucha ao mellor espectáculo no Festival internacional de Circo de Úbeda.
Maite Ferreiro destacou que «a resposta do público estes últimos anos fai que un ano máis dende a Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua apostemos por esta programación que enche as nosas rúas de arte e achega de xeito gratuíto a cultura a todas aquelas que se acheguen».
Para a concelleira O que queda de verán «é xa unha cita imprescindible para aquelas persoas que pasan os meses de verán na nosa cidade, xa sexan de Lugo ou visitantes dun turismo que, ano tras ano, medra na nosa cidade» por verse, incide Ferreiro, como «un lugar vivo e activo no que sempre hai algo que facer e a cultura está presente».
8 de agosto. 18.00h. “Royal Circ” de La finestra.
22 de agosto. 18.00h. “Bombea” de La Pulpa.
29 de agosto. 18.00h. “Cualquier verdura” de Cia. Chimichurri.
5 de setembro. 18.00h. “Cruunch 2” de Muu.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte