Cartel de Todas as canções de amor

O Club Cultural Valla-Inclán abre o ano cinematográfico de 2020 cun ciclo dedicado ao Novocine brasileiro en colaboración da Embaixada de Brasil e a Fundación Cultural Hispano Brasileña.

Desenvolverase de acordo co seguinte programa:

Día 22 de xaneiro: Todas as canções de amor, de Joana Mariani.

Día 29 de xaneiro: 10 segundos para vencer, de José Alverenga Jr.

Día 5 de febrero: Sócrates, de Alexandre Moratto.

Día 12 de febrero: Fala sério, mãe!, de Pedro Vasconcelos.

Día 19 de febreiro: Fevereiros, de Marcio Debellian.

Proxeccións no Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado, en sesión de 19:30 horas. Entrada libre e de balde ata completar aforo.

Día 22 de xaneiro: Todas as canções de amor

Brasil 2018. Dirección: Joana Mariani. Guión: Nina Crintz, Vera Egito, Roberto Vitorino. Produtora: Mar Filmes. Xénero: Romántica. Duración: 92 min. Repartición: Marina Ruy Barbosa, Bruno Gagliasso, Júlio Andrade y Luiza Mariani.

Sinopse: Ana e Chico, unha parella recentemente casada, múdanse a un novo piso no centro de São Paulo. Durante o cambio Ana atopa unha cinta de cassette con cancións dos antigos inquilinos, unha parella en crise formada por Clarice e Daniel. Son dúas parellas en momentos opostos das súas relacións e separadas polo tempo pero unidos polo espazo e a música.

Festivais e Premios: Premio da Crítica ao Mellor Longametraxe – Mostra
Internacional de Cinema de São Paulo. Premio á Mellor Película – Fest In
Lisboa. Película de inauguración – Festival de Aruanda. Festival
Internacional de La Habana. Festival de Punta del Este-Uruguai.

Cartel de Todas as canções de amor
Día 29 de xaneiro: 10 segundos para vencer

Brasil, 2018. Director: José Alvarenga Jr. Guión: Thomas Stravros, Patrícia Andrade, José Alvarenga Jr, José Guertzenstein. Produción: Tambellini Filmes e Globo Filmes. Xénero: Biopic. Duración: 122 min
Repartición: Osmar Prado, Daniel de Oliveira, Ricardo Gelli.

Sinopse: Emocionante biografía do púxil brasileiro, Eder Jofre, desde a súa infancia ata converterse en lenda do boxeo mundial. Un home dividido entre a paixón polo deporte e a vida familiar, o que en ocasións dificultará a
relación co seu pai e preparador, Kid Jofre.

Festivais e premios: Mellor Actor (Osmar Prado)- Festival de Gramado.
Mellor Actor de Repartición (Ricardo Gelli)- Festival de Gramado.

Cartel de 10 segundos para vencer
Día 5 de febrero: Sócrates

Brasil 2018. Director: Alexandre Moratto. Guión: Thayná Mantesso e Alex Moratto. Produtora: Querô Filmes, Ou2 Filmes. Xénero: Drama. Duración: 71 min. Repartición: Christian Malheiros, Tales Ordakji, Caio Martínez

Sinopse: Tras a repentina morte da súa nai, Sócrates, un mozo de 15 anos que vive nun barrio periférico do litoral de São Paulo, fai o posible para poder sobrevivir por si só na difícil realidade na que se atopa.

Premios e festivais: Candidata Brasil Óscar 2020. Film Independent Spirit Awards: Premio Director Revelación. Mellor actor -Festival de Cinema de Mannheim- Heidelberg. Premio Jordan Ressler -Festival de Cinema de Miami. Mención especial do xurado- Thessaloniki Film Festival. Premio Ultra Indie Woodstock Film Festival. Premio do Xurado -Film Festival Barcelona-.

Cartel da película Sócrates
Día 12 de febrero: Fala sério, mãe!

Brasil, 2017. Director: Pedro Vasconcelos. Guión: Ingrid Guimarães, Paulo Cursino e Dostoiweski Champagnate. Produción: Camisa Listrada. Duración: 79 min. Repartición: Ingrid Guimarães, Larissa Manoela,
Marcelo Laham, João Guilherme, Cristina Pereira

Sinopse: Adaptación libre do libro homónimo de Thalita Rebouças, a comedia aborda as principais dificultades da maternidade. Con boas doses de humor e emoción, conta a relación entre unha nai e a súa filla ao longo dos anos. 

Festivais e premios: Segunda película brasileira máis vista nos cinemas de Brasil en 2018 (3.017.916 espectadores).Mellor Película -19 edición de Meus Prêmios Nick 2018-.

Cartel da película Fala sério, mãe!
Día 19 de febrero: Fevereiros

Brasil, 2017. Director: Marcio Debellian. Guión: Diana Vasconcellos e Marcio Debellian. Produtora: Debê Produções con Globo Filmes, GloboNews e Canle Brasil. Xénero: Documental. Duración: 75 min Repartición: María Bethânia, Caetano Veloso, Chico Buarque, Leandro Vieira, Luiz Antonio Simas, Mabel Velloso e Squel Jorgea.

Sinopse: A escola de samba Mangueira rendeu homenaxe á cantante Maria Bethânia no Entroido de 2016, centrándose na súa devoción relixiosa e no seu sincretismo persoal que xunta o candomblé co catolicismo
e a sabedoría herdada dos indios. Este documental viaxa con Maria
Bethânia ao Recôncavo de Baía para achegarse ao seu ambiente familiar,
relixioso e das festas da súa cidade natal, Santo Amaro dá Purificação,
dándonos así a coñecer o universo que inspirou o enredo de Mangueira.

Festivais e premios: Mellor Película –10o IN-EDIT Brasil-.
Mención de Honra do Xurado na sección de Iberoamérica.- 36o Festival
Internacional de Cinema de Uruguai. Festival de Rio (2017). Atlantidoc
(2018). FIPA Biarritz – Francia (2018). Visions Du Réal Nyon Suíza (2018).
Cineuropa Santiago de Compostela (2018). Festival de Cinema Brasileiro de
Paris (2018). Sanfic Santiago de Chile.