O Club Cultural Valle-Inclán, grazas a un convenio con AGADIC, inicia as Sesións de Filmoteca en colaboración co CGAI, Filmoteca de Galicia.

No mes de marzo desenvolverase o seguinte programa:

Día 11.- La hija de un ladrón, de Belén Funes, España, 2019.

Día 18.- Os fillos da vide, de Ana Domínguez, España, 2019. Día 25.- Greater Love Hath No Man, Falling Leaves, Making an American Citizen, Fool and his Money, The Ocean Waif, de Alice Guy-Blaché (Pioneiras do cine). USA, 1911/1916.

As proxeccións terán lugar no Salón de Actos da Casa do Saber, en sesión de 19:30 horas. Entrada de balde para socios do Club Cultural Valle-Inclán e comunidade universitaria. Resto do público 2€, cota proporcional de socio.Non se permitirá a entrada á sala unha vez iniciada a proxección.

Día 11 de marzo: La hija de un ladrón

Dirección: Belén Funes, País: España. Ano: 2019. Duración: 102 minutos.

Guión: Belén Funes, Marçal Cebrian. Fotografía: Neus
Ollé. Montaxe: Bernat Aragonés. Produtoras: Oberon
Cinematografica, BTeam Pictures.

Repartición: Greta Fernández, Eduard Fernández, Àlex Monner.

Sinopse: Sara ten dúas peles: a segunda é a cámara de Belén Funes adherida a ela, que a segue ata nos momentos íntimos. As dúas epidermes de Sara son fráxiles, inquedas e pouco glamurosas. A iso, a actriz que a interpreta engádelle unha ollada aborrecida de loitar, na procura de afecto e cunha capacidade de sorpresa non esgotada, a pesar dos meandros da relación co tóxico padre.

Os dous actores e a debutante directora constrúen neste filme urxente un presente familiar que permite intuír que houbo antes e que ha suceder despois, porque ninguén pode escapar da súa vida, da súa xenética nin do
aprendido. Por iso Sara, nai nova, traballadora incansable e deficitaria de
compañía, estala cando ese determinismo maldito, acazapado baixo as súas dúas peles, acaba vencéndoa. [Alfonso Rivera, Catálogo FICX 2019].

Día 18 de marzo: Os fillos da vide APRAZADO

Dirección:Ana Domínguez. País: España. Ano: 2019. Duración: 70 minutos.

Guión: Ana Domínguez. Fotografía e montaxe: Ángel
Rueda.

Sinopse: “Regresando ás súas raíces, Ana Domínguez intérnase nunha viaxe que vai do persoal ao ancestral a través dos ciclos da vida e das estacións; os viñedos, a vendima e o viño. Os ritos, os ritmos da natureza e das tradicións en perigo de extinción, a través das paisaxes e das persoas que as habitan, debuxan esta ollada en que etnografía e emoción se funden nunha revelación das correntes pagás e míticas das bacanais que son as festas populares, explosións de fertilidade e de vida” (catálogo Márgenes).

Primeira longametraxe de Ana Domínguez, directora da prestixiosa Mostra de Cinema Periférico (S8) da Coruña.

Día 25 de marzo: Curtas. Pioneiras do cine. APRAZADO

Greater Love Hath No Man – Dirección: Alice Guy-Blaché. USA. Cine mudo. Ano: 1911. Duración: 14 minutos.Repartición: Romaine Fielding, Vinnie Burns.

Sinopse:
Considerado por moitos como o primeiro western de orixe francés, a lexendaria cineasta pioneira Alice Guy-Blanché (1873-1968) constrúe un relato, que, dentro das súas capacidades de versatilidade xenérica, xira arredor dun triángulo amoroso en plena época da febre do ouro.

Falling Leaves. Ano: 1912. Duración: 12 minutos. Repartición: Mace Greenleaf, Blanche Cornwall.

Sinopse: O doutor Headley realiza unha proba exitosa contra a tuberculose. Entrementres, a moza Winifred xace na súa casa, na cama, presa dunha enfermidade. É outono e as follas caen. Unha visita oportuna do doutor Headley pode salvar a doente ao tempo que
estimular unha historia de amor.

Making an American Citizen. Ano: 1912. Duración: 14 minutos. Repartición: Lee Beggs, Blanche Cornwall.

Sinopse: Un filme avanzado ao seu tempo, capaz de integrar feminismo, loita contra a opresión, inmigración e integración cultural a través da historia dunha parella de europeos susceptibles de se converteren en “bos americanos”.

A Fool and his Money. Ano: 1912. Duración: 10 minutos.Repartición: James Russell.

Sinopse: Alice Guy concibe un título insólito,
unha das primeiras películas con elenco integramente afroamericano. Comedia satírica sobre os avatares dunha familia negra de clase media (outro elemento daquela atípico), a lea xorde polo achado dunha cantidade importante de diñeiro.

The Ocean Waif. Ano: 1916. Duración: 36 minutos.Repartición: Carlyle Blackwell, Doris Kenyon.

Sinopse: tratada brutalmente por un home sádico, que a obriga a traballar como escrava e bate nela. Nesa localidade, un célebre novelista namorarase dela.