Sala de cine
O Espazo de Cine do Campus Terra de Lugo mantén aberto prazo de inscrición para os seguintes módulos formativos:
Módulo 4: INICIACION Á CINEMATOGRAFÍA
Módulo 5: PRODUCIÓN E DISTRIBUCIÓN DUN PROXECTO DE CINE INDEPENDENTE
Módulo 6: RODAXE E MONTAXE DUN PROXECTO

Xaneiro 2019 Como o ano pasado por estas datas, o Espazo de Cine do Campus Terra mantén aberto prazo de inscrición para os seguintes módulos formativos a través do enderezo electrónico cultura.lugo@usc.es ou nos teléfonos 982821511 / 13

Módulo 4: INICIACION Á CINEMATOGRAFÍA

Relator: Bruno Máez

Número de horas: 25 – Lugar: Casa do Saber – Datas: 2,3 e 16 e 17 de febreiro -Horario: 10 a 14 e de 16 a 20 h

Metodoloxía: Pártese dunha metodoloxía eminentemente conceptual, tamén haberá actividades máis prácticas para consolidar o visto na teoría, como facer diversos planos coa cámara, iluminar unha escena ou planificar unha rodaxe dende o punto de vista do departamento de fotografía.

Obxectivos:

  • Iniciación no mundo da dirección de fotografía.
  • Idea das tarefas que se levan a cabo no departamento de fotografía dunha rodaxe.
  • Uso do material máis común que se utiliza no departamento de fotografía.

Contidos:

O director de fotografía, ese gran descoñecido. Que é un director de fotografía? Cales son as súas funcións nunha produción audiovisual?

Como se organiza esta tropa? O equipo humano do departamento de fotografía. 

Analizaremos as cámaras de cine máis importantes na actualidade, cámaras utilizadas en producións independentes, e como para cada produción existe unha opción idónea. Lentes, filtros, estativos, grúas e toda una cantidade inxente de material que nos axudará a conseguir ese plano desexado.

Iluminación: veremos as diversas posibilidades que nos permite a industria, tanto en grandes producións, coma en producións de baixo custo, os seus elementos a favor e as súas contras. Ferramentas para a medición e control da luz. Analizaremos que instrumentos temos á nosa disposición para poder realizar medicións da luz. Exposímetro e termocolorímetro.

Como contar historias con luz. Veremos exemplos de como diversos directores de fotografía utilizaron a luz para contar unha historia.

Prezos: Comunidade universitaria, 50. Taxa xeral, 100

 

Módulo 5: PRODUCIÓN E DISTRIBUCIÓN DUN PROXECTO DE CINE INDEPENDENTE

Relator: Suso López

Traballou (como produtor e actor) en numerosos proxectos audiovisuais nos últimos 10 anos, como as curtametraxes A Porta, O Paquete, Picnic, Limbo… O seu principal traballo ata o momento é o filme Dhogs (dirixido por Andrés Goteira) que durante 2017 e 2018 leva percorrido medio mundo sendo seleccionado e galardoado en diversos festivais de prestixio. Forma parte da produtora de cine meirega Gaitafilmes e tamén dos grupos musicais Os Bluesomes e Voladura. Tamén participa do mundo do asociacionismo formando parte da organización de eventos como o M de Cine e o festival Meirendas. Ten experiencia no desenvolvemento de proxectos, na produción executiva (financiamento, coprodución e distribución; xestión económica e de persoal) e tamén na produción de campo (localizacións, permisos, necesidades humanas e técnicas) de traballos audiovisuais. Neste momento, no mundo do cine, traballa na distribución de Dhogs e no desenvolvemento dos dous novos filmes de Gaitafilmes: Welcome to ma maison e Starmucks.

Número de horas: 25h- Lugar: Casa do Saber – Datas: 9,10,23 e 24 de febreiro- Horario: De 10 a 14 e de 16 a 20 h

Descrición: Trátase dun curso transversal de produción no ámbito audiovisual orientado ó funcionamento de proxectos independentes. Pretende abarcar, dende a propia experiencia, todos os procesos que teñen lugar dende o nacemento dunha idea ata a difusión e distribución dun produto rematado.

Metodoloxía: A metodoloxía deste módulo desenvólvese sobre tres pés fundamentais: conceptos teóricos de produción, análise de casos reais e da propia experiencia, práctica na aula sobre presupostos, desagregamentos, informes, etc. A metodoloxía estará sempre apoiada nas propias inquedanzas do alumnado, acadando deste xeito un curso máis adaptado.

Obxectivos: Acadar unha idea global do funcionamento de proxectos de cine independente. Diferenciar as partes e persoas involucradas en cada proceso e facerse coas ferramentas necesarias para intentar sacar adiante proxectos propios.

Contidos: Grosso modo os contidos do curso serán os citados a continuación. Centrados sempre en proxectos independentes, non por iso faltos de profesionalidade. Durante as explicacións de cada unha das partes realizaranse análises de documentación existente, casos reais baseados na experiencia e prácticas na aula.

Produción executiva

Desenvolvemento de proxectos

Equipos técnicos e artísticos

Produción de campo

Distribución e difusión

Prezos: Comunidade universitaria, 50. Taxa xeral, 100.

 

Módulo 6: RODAXE E MONTAXE DUN PROXECTO

Relator: Andrés Goteira

Enxeñeiro técnico de telecomunicacións pola Uvigo e técnico de son pola EIS da Coruña. Realizou algúns traballos audiovisuais durante a época estudantil, como por exemplo O paquete no 2009 e A porta no 2010. No 2013 marchou a Escocia onde escribiu o seu primeiro guión de longametraxe, que se convertería na súa primeira película como director (Dhogs, 2017). Durante os últimos anos realizou e impartiu numerosos cursos e talleres audiovisuais. Na actualidade, entre outras cousas, escribe o guión da súa seguinte película

Número de horas: 50, distribuídas en oito sesións – Lugar: Casa do Saber e exterior – Datas: 13 ao 17 de abril (Semana Santa)

Descrición: O alumno fará unha inmersión completa no audiovisual dende un lugar libre e creativo

Metodoloxía: As horas iniciais do obradoiro irán dedicadas a mostrar as múltiples miradas do cine, dende o cine máis contemplativo/hiperrealista ata o cine de efecto e truco, abarcando un diverso abanico de miradas cinematográficas que busquen por aquilo que provoque a cada unha das diferentes sensibilidades dos alumnos.

Pequeno repaso pola linguaxe audiovisual, técnica e proceso.

Inmersión durante 4 días nunha localización natural, rica en sons e paisaxes que fagan explosionar a creatividade do alumno, que permitan activar as sinerxías de colaboración e que deixe facer así como observar.

Visionado do material de cada un deles. Conclusións

Obxectivos:

Neste módulo final trátase de sacar un proxecto audiovisual adiante partindo do pequeno, utilizando novos recursos, determinando equipos de traballo e finalmente acadar unha calidade próxima ao profesional. Realizarase o plan de rodaxe, a rodaxe e a montaxe polo menos dunha peza audiovisual, apoiándonos no contido que se foi desenvolvendo nos módulos anteriores xunto aos alumnos, por exemplo o guión e a desagregación de necesidades de produción. O obxectivo final é ser capaces de ter un traballo totalmente rematado que sirva para dar forma a todo o aprendido no Espazo de Cine.

 

Prezos: Comunidade universitaria, 80. Taxa xeral, 140.