Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Proxección especial de «Dhogs»

15 de marzo, 2018 - 21:00 - 23:30

Gratuito

¡¡¡Proxección especial da longametraxe Dhogs
 coa presenza do
 equipo e elenco.!!!!Ademáis do propio director, asistirán as actrices María Costas e Melania Cruz, así como o actor Xosé López; no acto tamén estarán presentes os produtores Sara Horta, Suso López, Adrián Folgueira e Javier Lopa; a directora de Arte Noelia Vilaboa; e a directora de Fotografía Lucía C. Pan, entre outros… Hai moito, moito talento lucense neste filme.

Entrada libre ata completar aforo. As entradas recolleranse no propio auditorio media hora antes da proxección e non estarán numeradas. O aforo atópase limitado a 800 persoas.

Dhogs ven de facer historia ao gañar 13 galardóns nos Premios Mestre Mateo.

O filme Dhogs conecta seis tramas que alternan a intriga, a obsesión e a sensualidade. Trátase dunha película de historias paralelas que xiran en torno a unha serie de peculiares personaxes: unha fermosa muller, un home de vida escura, un taxista e un vello ex-militar. O filme está producido por Gaitafilmes e Pixel films

Esta actividade se enmarca dentro do ciclo Lubicán, impulsado ao abeiro do convenio Lugo Cultural asinado por USC, Concello e Deputación de Lugo

 

Detalles

Fecha:
15 de marzo, 2018
Hora:
21:00 - 23:30
Precio:
Gratuito
Evento Categoría:
Evento Etiquetas:
Pagina Web:
http://vivalugo.es/varios/lugo-cultural-enche-de-cultura-a-cidade/

Lugar

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
Teléfono:
982 24 44 05