O Museo Provincial de Lugo exporá a obra “Sibila” de Velázquez do 10 de xuño ao 7 de xullo.

O Museo Provincial de Lugo exporá a obra “Sibila” de Velázquez do 10 de xuño ao 7 de xullo no marco do proxecto cultural “El arte que conecta” promovido polo Museo do Prado. 

A data da exposición en Lugo do cadro de Velázquez deuse a coñecer esta mañá na presentación do proxecto,  que levará a 18 museos de todo o Estado algunhas das obras mestras da pintura que forman parte das coleccións do Prado.

A deputada de Cultura Iria Castro destacou que “o Museo Provincial de Lugo é o único de Galiza incluído neste proxecto, o que supón un recoñecemento ao traballo que se desenvolve nos museos provinciais” e
“unha oportunidade para seguir avanzando na proxección estatal e internacional do propio museo e tamén da cidade de Lugo e da provincia a
partir de recursos patrimoniais e culturais”.