«Mil Cores» expón 10 anos de arte en O Vello Cárcere. Ata o 5 de xaneiro do 2024

A mostra está adicada a María del Mar García Piñeiro, compañeira e artista do colectivo, e conta con traballos de 150 autores e autoras con obras de diferentes técnicas: fotografía, óleo, acrílico, lapis, acuarela, tinta, impresión dixital, rotulador, carboncillo ou pastel.

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, asistiu á inauguración

Mil Cores é un colectivo artístico e social formado hai 10 anos na cidade de Lugo, con ganas de aportar unha peza máis ao universo cultural desta cidade tan heteroxénea.

Artistas das máis diversas idades e estilos xúntanse baixo o paraugas de Mil Cores para expresar a súa visión plástica e social, para intercambiar puntos de vista e experiencias enriquecedoras.

O que reflicte esta exposición é, nin máis nin menos, que a sensibilidade de cada unha das persoas que formaron e forman parte do colectivo durante estes primeiros 10 anos de existencia.

Esta historia, lonxe de estar finalizada, prepárase para afrontar novos retos e seguir convocando artistas ás súas filas.

Esta mostra queremos adicarlla a María del Mar García Piñeiro; compañeira, artista e persoa como poucas.”

MIL CORES tamén imparte cursos creativos (pintura, fotografía, manualidades…). Están en Ronda das Fontiñas 146 Lugo.