Lugo Cultural – Encontro Universitario de Danza 2024
25 e 26 abril 2024 – 20.30 horas. Caixa Negra do MIHL (Lugo)

A Aula de Danza da Universidade de Coruña abrirá o programa de representacións do 22º Encontro Universitario de Danza da USC Lugo Cultural o xoves 25 de abril, a partir das 20.30 horas na Caixa Negra do MIHL, coa obra ‘…E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.

‘Migracións’, da Compañía de Danza da USC, coreografiada por Rosa Acuña e con dirección artística de Juan Carlos Zahera, será a representación que siga.

O venres 26, ás 20.30 horas, intervirá a Aula de Danza do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, coa obra titulada ‘Bolero’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Nuria Sotelo.

De seguido e rematando o Encontro de Danza da USC actuará de novo a Compañía de Danza da USC coa coreografía ‘Migracións’.