Fotografías do entroido 2024 en Lugo

A mirada do Loopez sobre estas festas 

Un ano máis polo martes de Entroido celebrouse o tradicional concurso de disfraces de adultos organizado pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua. 

As e os concursantes despregaron a súas dotes imaxinativas con vistosas creacións nun desfile seguido por numerosas veciñas e veciños.

O xurado estivo formado por Noelia Pardo Fernández, profesora e representante da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón; José Antonio Ayán, membro da asociación cultural Curuxan, conserxe na USC e José Manuel Núñez Blázquez, artista plástico, presidente da asociación Ágora Cultural e director de Velaí Tes Teatro.

O concurso comezou coa categoría de disfraces individuais na que se inscribiron 5 adultos. Nesta categoría establecéronse tres premios e dous accesit e os agraciados foron os seguintes:

   – «’A raíña dos Anxos”, cun premio de 50€

–   “A diva do póquer”, cun premio de 50€

–  “A dama da plumaxe”, cun premio de 200€

–  “Batman, o cabaleiro escuro”, cun premio de 300€

–  “O cazador da xungla”, cun premio de 500€

Na categoría de disfraces por parellas repartíronse os seguintes premios, con 5 accesit:

– “Saw”, cun premio por valor de 100€

– “As cartas sobre a mesa”, cun premio por valor de 100€

–  “As Salvaxes”, cun premio por valor de 100€

–  “Mamá, eu quero a Minie”, cun premio por valor de 100€

– “Peliqueiras de refugallo”, cun premio por valor de 100€

– “La costurera y el sastrecillo”, cun premio por valor de 300€

– ”Peliqueiro ou cigarrón, é Galicia, é tradición”, cun premio por valor de 400€

– “A colleita de Peter Rabbit”, cun premio de 600€

O desfile rematou co paseo das comparsas. Ducias adultos e nenos e nenas participaron nesta categoría que resultou por momentos moi espectacular debido aos elaborados e orixinais traxes deseñados, así como polas animadas coreografías.

Os premios repartíronse do seguinte xeito, con 3 accesit:

–  “Somos Bratz”, cun premio por valor de 200€

–  “De que vamos?”, cun premio por valor de 200€

–  “Gru e os Minions”, cun premio por valor de 200€

–  “As abellas vs Velutinas (pequenas pero esenciais), cun premio por valor de 600€

–  “Os vikingos outeriranos”, cun premio de 800€

–   “Meigallos”, cun premio de 1.100€

Un ano máis polo sábado de Entroido celebrouse o tradicional concurso de disfraces infantil organizado pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua. 

As e os concursantes despregaron a súas dotes imaxinativas con vistosas creacións nun desfile seguido por numerosas veciñas e veciños.

O xurado estivo formado por Alejandro Carro, profesor da EASD Ramón Falcón, Jose Luíz Bermúdez, Secretario da Asociación Cultural Curuxan e Ana María Carreira, dramaturga e actriz, directora do Grupo Ubú Teatro

O concurso comezou coa categoría de disfraces individuais na que se inscribiron 8 nenas e nenos. Nesta categoría establecéronse tres premios e os agraciados foron os seguintes:

«Dando a Nota», de 11 anos, cun premio por valor de 100€
«O coche Transformer, de 6 anos cun premio por valor de 80€
«O Xardín Segredo», 6 anos, cun premio por valor de 50€

Na categoría de disfraces por parellas anotáronse 5 participantes, entre as que se repartiron os seguintes premios:

Cotorras (6 anos) cun premio por valor de 150€
Lilo e Stich (7 e 11 anos) cun premio por valor de 120€
Os contos da Infancia (2 anos) cun premio por valor de 90€

O desfile rematou co paseo das 13 comparsas que se presentaron. Ducias de nenos e nenas participaron nesta categoría que resultou por momentos moi espectacular debido aos elaborados e orixinais traxes deseñados, así como polas animadas coreografías.

Os premios repartíronse do seguinte xeito:

Pequeniños pero esenciais, cun premio por valor de 240€
As pequenas esquimós chegan a Lugo, cun premio por valor de 180€
A patrulla canina, cun premio por valor de 140€
Os premios consisten en dous vales, un que pode ser canxeado por libros ou material escolar e outro para canxear en actividades culturais e de lecer.

As actividades do Entroido remataron o mércores 14 a partir das 20 horas co Enterro da Sardiña, organizado pola asociación Pepe Barreiro, e o 19º Concurso de Ferretes.

Lugo Monumental entregó los premios a los grupos ganadores del X Concurso e Animación Callejera de Carnaval, una cita que ya se ha consolidado y que, gracias a la colaboración de los locales participantes, reparte 1.000 euros en premios, en vales de compra en establecimientos asociados. 

Este año los premiados han sido los siguientes:

3º Premio, dotado con dos vales de compra de 50,00 euros, que suman un total de 100,00 euros, a gastar en los locales asociados a Lugo Monumental,
para el grupo llamado “Hermandad del Ro-Frío”.

2º Premio, dotado con seis vales de compra de 50,00 euros, que suman un total de 300,00 euros, a gastar en los locales asociados a Lugo Monumental,
para el grupo llamado “Los Babies”.

1º Premio, dotado con doce vales de compra de 50,00 euros, que suman un total de 600,00 euros, a gastar en los locales asociados a Lugo Monumental,
para el grupo llamado “Mis trofeos no son feos”.

Fotos: Lugo Monumental