Programación de abril de «A Hedreira» con diferentes actividades, obradoiros e aulas, todas de carácter gratuíto e abertas. En Rúa Catasol, 17 baixo (Lugo).

Info detallada do mes: https://ahedreira.noblogs.org/programacion-abril-2024/

XOVES 11 | 19:00 –

Obradoiro de edición de vídeo: nivel principiante. Iníciate na edición de vídeo co móbil ou coa computadora. Sen necesidade de inscrición.

– VENRES 12 e SÁBADO 13 –

Xornadas Antirrepresivas LGBTACAB+ organizadas por Avante Lugo LGBT+ e A Hedreira:

– VENRES 12 | 20:15 –

Raquel Crespo de Esculca (Observatorio para a Defensa dos Direitos e Liberdades) presenta:

– Relatorio da campaña pola abolición do isolamento penitenciario:

Este relatorio, elaborado por unha vintena de organizacións, da conta dos supostos nos que se pode aplicar o isolamento penitenciario, que restricións supón e que consecuencias ten.

– Informe sobre a situación dxs presxs políticas kurdas:

Este informe foi realizado por unha Delegación Internacional de avogadxs que visitou Turquía a finais de febrero de 2023 para reunirse con diferentes organizacións kurdas e observar a situación, no momento no que se cumpren 25 anos do secuestro do líder do PKK, Abdullah Öcalan, e tres anos dende a última comunicación que se tivo con el.

– SÁBADO 13 –

11:30 | Marcha de «Abaixo os Muros das Prisións» en Teixeiro (quedada na gasolineira de Teixeiro N-634 km 663):

Pastora: «O cárcere só foi feita para xs pobres. Todo o que lle estorba á sociedade e toda persoa rebelde acaba aí, pero a un rico non o veredes nunca, se cadra un mes ou dous, e non nas condicións en que están xs nosxs familiares. A min que non me digan que existe a xustiza, porque para a xente pobre non a hai».

Consulta o resto da programación de Abaixo os Muros das Prisións aquí

17:00 | Presentación do libro: «Pájaros Azules» co autor Santi Cobos:

Neste libro recóllese o testemuño de Santi Cobos, que durante 27 anos estivo preso en distintos centros penais. Actualmente, Santi Cobos atópase en réxime de terceiro grao.

Santi Cobos: «Denunciar todo o que non puiden denunciar durante aqueles anos: o sistema carcelario, a impunidade dos carcereiros, as torturas, todas as persoas que se deixaron alí a pel como cans, e as que lla seguen deixando hoxe en día (…) Unha pequena semente de empatía cara ás persoas presas, de coñecemento sobre o que ocorre nos cárceres, de dúbida cara ao sistema de castigo baseado no peche».

18:00 | Presentación do libro: «A defunción dos sexos. Disidentes sexuais na Galiza contemporánea» coa autora Daniela Ferrández:

Este é un libro divulgativo que recompila historias e memorias de persoas que viviron alén da norma sexual na Galiza dos últimos cento cincuenta anos. Persoas perseguidas, aceptadas, toleradas ou reprimidas. Vidas, a fin de contas, necesarias para unha reflexión actual e colectiva sobre o pasado, o presente e o futuro das disidentes sexuais que poboamos hoxe o país galego.

19:00 | Presentación do «Fanzine Antipunitivsmo» de Avante LGBT+:

Antipunitivismo e xustiza restaurativa: que tipo de xustiza queremos?

20:00 | Concerto de Gael de Papel (@gaeldepapel) Entrada de balde.

21:30 | Cea vegana. Reserva no mail csahedreira@riseup.net (prazas limitadas).

– LUNS 15 | 20:00 –

Asemblea aberta: participa na organización de actividades, propostas e ideas do centro social.

– XOVES 25 | 20:30 –

Cineforum: «Muller Guerrilla» coa presenza dunha das autoras Ana Valentina López de Cea.

Durante a década dos 60, 70 e parte dos 80, moitos homes e mulleres novxs loitaron contra o sistema por un mundo máis xusto. Catro mulleres de catro grupos guerrilleiros con catro experiencias e catro olladas sobre a guerrilla en México durante a década dos setenta.

Un documental independente con testemuños inéditas e os comentarios de Carlos Montemayor e Carlos Fazio.

– VENRES 26 | 20:15 –

Presentación do libro: «Me lo merezco: Historias de Ternura, Sanación y Buenos Tratos» coa autora Anita Doinel (@anitadoinel)

A medio camiño entre o ensaio e a autobiografía, «Me lo merezco» xera pontes cara ás feridas colectivas a través de conversacións incómodas sobre a violencia sexual, a gordofobia, a autocosificación, as non monogamias, o desexo, as cancelacións, o perdón, a bifobia e a mirada masculina.

– DOMINGO 28 | 11:00 – 13:00 –

Mercadiño de troco, organizado polo Banco de Tempo de Lugo. Aberto. Posibilidade de intercambio en xiríns (moeda social) ou especies.

– Obradoiros –

Ademais contamos cos seguintes obradoiros cuxo horario e inscrición podes consultar aquícapoeira, gancho e calceta, danza do ventre (Belly Dance), galego orientado a inmigrantes, k-pop, taller de bicis e teatro. (Para o taller de bicis non é necesario inscribirse).

https://ahedreira.noblogs.org/

Rúa Catasol, 17 baixo (Lugo)