ABRIL 2018 «Grabando, micro en posición… ¡ACCIÓN!» Así comenza este trailer da xenial película do Tom Dicillo «Vivir rodando» – cine sobre cine – , e así estarán esta finde do 13 ao 17 os participantes na III Fin de Curta que promove Lugo Cultural e que levará a moita xente amante do audiovisual a rodar unha curta nese tempo para así optar a gañar os seguintes premios:
1º Premio de 500 euros e participación na 40ª Semana Internacional de Cine de Autor (Grupo Fonmiñá) onde competirá polo Premio á Mellor Curtametraxe galega
2º Premio (Premio do Público) participación na 40ª Semana Internacional de Cine de Autor (Grupo Fonmiñá) onde competirá polo Premio á Mellor Curtametraxe Galega
Agardamos que teñan todo moi ben preparado para a rodaxe e que pase o que pase fagan como Nick, o director de Vivir rodando, que a pesar de estar saíndo absolutamente todo mal na rodaxe, non renuncia e saca o filme adiante (ou non, nada de spoilers … digamos que nunca se rinde). Por si acaso andan algo verdes os nosos Dicillos e Dicillas e as súas troupes correspondentes, falamos co gañador da primeira edición, Alejandro Real, para que nos deixase tres consellos básicos e directos – cousa nosa o da brevedade- :
«SIMPLIFICAR. Al disponer de pocos medios, mejor hacer algo sencillo y de calidad que intentar abarcar mucho y que quede algo cutre.
CUIDAR EL SONIDO. Si la imagen es regular pero el sonido bueno, es pasable, pero al revés no.
LO BUENO SI BREVE, DOS VECES BUENO. No intentar rellenar minutos. Mejor hacer algo breve e intenso que hacer algo más largo que aburra al público.»
A curta coa que gañou Alejandro (e Eva Cabanelas) é a seguinte:
O día 27 de abril 2018, a partir das 22:30 horas, realizarase unha proxección ao aire libre na Praza de Santa María de Lugo. Proxectaranse todas as curtas, a non ser que por cuestións de organización se decida proxectar aquelas máis representativas. En caso de choiva a proxección realizarase na Deputación na Praza de San Marcos
Alejandro Real
Fotógrafo crack, gañador de varios premios… con eles ou sen eles quen escribe estas liñas é un fan declarado (tamén en persoa) da súa obra, e recomenda a visita á súa web e seguilo de preto…no top 3 dos fotógrafos lucenses, sen ningunha dúbida: Alejandro Real – web –