7.7 C
Lugo
Jue, 20 Nov 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

7O∆R

6 de diciembre
7O∆R

Sábado, 6 de decembro de 2025 18:30 hs. e  20:30 hs.

Lugar: MIHL [Museo Interactivo da Historia de Lugo]
Idade recomendada: A partir dos 13 anos

De MBow LTD (Hong Kong S.A.R.) coa participación de Fronte Vacuo

Resultado de dous anos de traballo entre Hong Kong, Australia e Europa, 7O∆R reúne unha constelación internacional de artistas multimedia que colaboran a través de procesos híbridos de investigación e performance, examinando a relación entre humanos, máquinas e ruído como materia prima da percepción contemporánea.

7O∆R forma parte da serie internacional MetaMaps, un programa de investigación e creación dirixido por Roberto Alonso Trillo e Peter A. C. Nelson.

O proxecto xorde da práctica do mapeo multimodal, a tradución de datos entre disciplinas performativas, e funciona como un laboratorio de intercambio entre artistas e tecnoloxías.

A través do concepto central de apofenia, a tendencia humana a identificar patróns e conexións en información aleatoria ou caótica, mesmo cando non existen relacións reais. 7O∆R explora as relacións entre ruído, sinal, percepción, linguaxe e intelixencia artificial, investigando como estes sistemas se entrelazan na creación de sentido e na aparición de friccións apofénicas como forma de coñecemento.

A obra propón unha reflexión sobre a necesidade de atopar significado en sistemas opacos e sobre o papel da interpretación como mecanismo de supervivencia cognitiva.

Equipo:

Dirección Artística: Roberto Alonso Trillo e Peter A C Nelson.

Artistas:

  • Taurin Barrera (artista audivisual, dirección escénica)
  • Joseph Chan (artista kinético)
  • Marco Donnarumma – Fronte Vacuo (intérprete, coreografía, dramaturgia)
  • Xoán-Xil López (artista sonoro)
  • Samuel Swope (escultor aéreo)
  • Margherita Pevere – Fronte Vacuo (intérprete, coreografía, diseño de vestuario)
  • Trécola (intérpretes)
  • Davor Vincze (composición musical)
  • Karen Yu (intérprete)

Dirección de Producción; Jiafan Weng.

Asistente de Diseño de Vestuario; Brianna Lau Wing Yi.

Diseño Visual; NovaGarda.

Producción Audiovisual; Verve Creative.

Producción Artística; Escóltame.

Colaboradores:

  • Vertixe Sonora
  • Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo
  • Museo Interactivo da Historia de Lugo

Financiado por: Arts Capacity Development Funding Écheme e HKSAR Government.

ENTRADAS: de baldea través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Detalles

  • Fecha: 6 de diciembre

Local

  • MIHL
  • Av Infanta Elena, s/n
    Lugo,
    + Google Map
  • Teléfono 982 29 74 46