11.1 C
Lugo
Jue, 27 Nov 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

A Candeloria Pista Extra 2025

29 de noviembre - 13:00
A Candeloria Pista Extra 2025

A Candeloria Pista Extra terá lugar este sábado 29 de novembro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

A continuación presentámosvos unha recompilación de datos que poden servir de interese para todos os asistentes ao festival, así como para toda a veciñanza de Lugo ou visitantes que queiran desfrutar dalgunha das súas actividades alternativas.

CARTAZ COMPLETO E HORARIOS DEFINITIVOS DO FESTIVAL

13.00 horas, sesión vermú punk con Arremecághona’s Produçións na Calzada da Ponte (gratuíta)

16.30: Apertura de portas

Jordi Pánico

17.00: Manolo Kabezabolo

Jordi Pánico

18.15: Faul

Jordi Pánico

19.35: GBH

Jordi Pánico

21.05: Evaristo

Jordi Pánico

23.20: Catalina Grande Piñón Pequeño

Jordi Pánico

0.50: Talco

Jordi Pánico

2.35C&B

PERCORRIDO E HORARIO DO SERVIZO DE AUTOBUSES

A Candeloria Pista Extra pon a disposición dos asistentes un servizo de autobuses para conectar o recinto do festival, no Pazo de Feiras e Congresos, con distintos puntos da cidade.

O autobús funcionará ata as 5.00 horas coas seguintes paradas:

-Rúa Vilalba, Praza de Bretaña, Arenal da Ronda da Muralla, Sindicatos, Ronda da Muralla 95 (San Fernando), Obras Públicas, Fonte dos Ranchos e regreso ao Pazo de Feiras.

*Ademais, se vés á Pista Extra desde Santiago de Compostela ou A Coruña, podes vir e voltar á casa cun servizo especial de autobuses que regresará ás dúas cidades mencionadas ao rematar o festival.

Podes acceder á compra do billete a través da bio do perfil de Instagram de A Candeloria

OUTROS SERVIZOS. A Pista Extra conta con servizo de roupeiro, foodtrucks e a Feira Candeloria.

PAGO CASHLESS E RECARGA PREVIA

Os pagos no festival realizaranse con pulseira cashless.

Nas barras, o roupeiro e o merchandasing do Festival só se admitirán pagos con este método. Sen embargo, non se poderá pagar coa pulseira nin nas foodtrucks nin na feira Candeloria.

O funcionamento é sinxelo: recolle a pulseira coa túa entrada e vai a un dos puntos de recarga que teremos habilitados no festival.

Para todos aqueles que odian as colas, temos dispoñible un servizo de recarga anticipada online, co que poderás precargar o saldo da túa pulseira na páxina web.

O servizo de recarga anticipada estará dispoñible ata o 28 de novembro.

As instruccións para a recarga anticipada son moi sinxelas e están publicadas nas redes sociais (Instagram e Facebook) de A Candeloria. Só hai que rexistrarse, escribir a cantidade desexada e introducir o método de pago desexado.

A listaxe de prezos de bebidas no recinto do festival tamén está publicada no noso perfil das redes sociais mencionadas.

SALDO SOBRANTE. Se quedaches con saldo na pulseira, non te preocupes. Poderás solicitar o reembolso entre os días 1 e 5 de decembro, ambos incluídos. As devolucións de saldo serán totalmente gratuítas.

Detalles

  • Fecha: 29 de noviembre
  • Hora:
    13:00
  • Categoría del Evento:

Local