Cargando Eventos

« Todos los Eventos

(19:15 h) A Orquestra de Cámara Lug en concerto

10 de abril - 19:00

O venres día 10 de abril ás 19:15h no Museo Provincial de Lugo, a Orquestra de Cámara Lug que é unha agrupación formada polos alumnos do Centro de Música Glissando, dentro das actividades programadas nas IX xornadas de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense, organizadas polo museo, realizará un concerto titulado Sons Herdados.

Este concerto pretende transportarnos nunha viaxe musical a través do folclore, dende a idade media ata os nosos tempos.

Poderanse escoitar dende cantigas de Santa María de Alfonso X, música tradicional inglesa do laudista John Dowland, música de Haendel, muiñeiras así como repertorio galego máis recente… toda esta música interpretada con unha sonoridade clásica, propia da orquestra de corda.

Durante o concerto proxectarase a obra da artista creativa visual Marta Prieto.

A Oquestra de Cámara Lug será dirixida por Manuel Fernández Gayol, director do Centro de Música Glissando.

A entrada será libre e gratuita

Detalles

  • Fecha: 10 de abril
  • Hora:
    19:00
  • Categoría del Evento:

Local