Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Actividades polos Días Europeos da Artesanía 2026

9 de abril - 12 de abril

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo súmase á celebración dos Días Europeos da Artesanía cun programa de demostracións participativas que se realizarán do xoves 9 ao domingo 12 de abril na Capela de Santa María, en Lugo.

As persoas asistentes poderán coñecer de primeira man e experimentar cos materiais e técnicas de artesás de cerámica, coiro e tear.

As actividades desenvolveranse en horario de mañá -de 11.00 a 14.00 horas – e tarde -de 17.30 a 19.30 horas – con asistencia libre e gratuíta.

Obradoiros e demostracións.

Mercedes Buján de “Bolboretas de coiro”
• Demostración participativa na que os asistentes poderán participar na
elaboración dunha flor feita en coiro e levala como agasallo.

Inmaculada Díaz Cabado de “ La bellota mágica”
• Demostración participativa nas que os asistentes poderán modelar unha
peza coas súas mans

Tear “Fusaiola” con Lourdes Otero Mato e  Miriam Fernández Otero
• Demostración de montaxe de tear de alto e baixo lizo
• As persoas asistentes poderán sentarse fronte ao tear e tecer uns
centímetros guiadas pola artesá.

MªJosefa Sánchez Castedo de “Ceniza de papel”
• Demostración participativa na que as persoas asistentes poderán crear
unha peza no torno e decorala utilizando diferentes técnicas

Soni Argiz de “Mimacuir”
• Demostración participativa na que as persoas participantes poderán
facer unha pequena peza de coiro

Detalles

  • Comienza: 9 de abril
  • Finaliza: 12 de abril
  • Categoría del Evento:

Local

  • Capela de Santa María
  • Ronda da Muralla, 140
    Lugo, Lugo 27004
    + Google Map
  • Teléfono 982 21 00 66