- Este evento ha pasado.
Actividades Samaín 2026

Actividades Samaín 2026
Venres 30 de outubro
21:00 horas, actuará no templete da Praza Maior Broken Peach. O grupo destaca polos seus espectáculos temáticos, entre eles o seu Halloween Special, unha proposta que combina música e posta en escena para crear unha experiencia especialmente acorde coa celebración do Samaín.
Sábado 31 de outubro
O Túnel do Medo, unha experiencia teatralizada que se desenvolverá de 18:00 a 22:00 horas (18.00-20.00 público familiar e de 20.00-22.00 horas adultos). O percorrido estará inspirado no cine de terror e suspense e contará cun vestíbulo de entrada e seis ambientes escenográficos, conectados nunha experiencia inmersiva con decoración, iluminación, ambientación sonora e interpretación teatral.
A instalación situarase nos soportais do aparcamento do parking do edificio administrativo do Concello.
A Casa da Xuventude acollerá «Factoría de personaxes», unha actividade para crear caracterizacións arrepiantes, en horario de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas.
Pola tarde, a Praza de Abastos converterase nun dos puntos de encontro da celebración para o público infantil. Entre as 16:30 e as 20:30 horas, as asociacións castrexas Clan de breogan, Lugdunum , Mercenarios e Trebas Galaicas organizarán o baleirado e o concurso de cabazas.
A actividade completarase con xogos, chocolate con churros e un desfile de ánimas. Non se precisa inscrición previa.
A escola de danza Gravity realizará a intervención itinerante «Ouveos e Cairos», unha proposta de flash mob que percorrerá as rúas da cidade entre as 19:00 e as 21:00 horas.
Máis actividades desta xornada: Ás 21.30 terá lugar un rastrexo nocturno ; ás 22.00 horas a asociación Tambukada ofrecerá un espectáculo polas rúas de percusión ancestral e ás 23.00 un concurso musical «O son das ánimas», no templete.
Tamén está programada ás 21:30 horas unha ruta guiada. Guido Guía conducirá «Segredos de intramuros», unha visita guiada polos misterios e curiosidades da cidade, con saída da Praza do Cantiño e sen necesidade de inscrición.

