Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Acto sobre diversas “Visións sobre a Discapacidade”

8 de enero - 19:00

Este xoves 8 de xaneiro, ás 19,00 h., no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo, darán comezo as celebracións dos 60 ANOS DE ASPNAIS, cun acto sobre diversas “Visións sobre a Discapacidade”, á que están invitadas numerosas persoas relacionadas co mundo da discapacidade: autoridades, especialistas, profesionais, usuarios e familias.

Abrirán o acto dous representantes da Familia Aspnais: JOSÉ REIGOSA GARCÍA. Presidente, falando sobre estes primeiros “60 anos creando familia”, e o usuario JAVIER IGLESIAS LÓPEZ, sobre “A miña casa”.

A continuación intervirán como especialistas no tema:

– o Profesor ANGEL CARRACEDO ÁLVAREZ. Catedrático de Medicina Legal; experto internacional en Xenética; membro da Real Academia Galega de Ciencias, que aportará a súa visión científica desta realidade.

– JOSÉ COIRA NIETO, `PEPE COIRA. Guionista, produtor, crítico, profesor… O primeiro dos imprescindibles do audiovisual galego, que ofrecerá a súa visión do mundo da discapacidade no audiovisual e na sociedade

– MÓNICA SEIJAS RODRÍGUEZ. Psicóloga. Xerente de Aspnais, que falará do día a día desta institución. E

– FABIOLA GARCÍA MARTÍNEZ. Conselleira de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, coa súa visión e acción política sobre a discapacidade.

Detalles

  • Fecha: 8 de enero
  • Hora:
    19:00
  • Categoría del Evento:

Local