11.1 C
Lugo
Mié, 6 Nov 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Actos de clausura da exposición «Ronsel 100 anos despois»

28 de octubre - 18:00

Actos de clausura da exposición «Ronsel 100 anos despois»

A Rede Museística Provincial de Lugo acollerá este próximo martes, 29 de outubro, no Museo Provincial de Lugo, unha serie de actividades complementarias nesta recta final da mostra.

A xornada comezará ás 18:00 horas cunha visita guiada á exposición a cargo de persoal da Rede Museística Provincial de Lugo, que ofrecerá unha visión profunda sobre os contidos e relevancia da mostra.

Ás 18:30 horas, celebrarase a presentación de «Ronsel. Caderno de arte da RMPL», coa participación de Iria Castro, deputada delegada da área de Cultura; Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL); e Anne Nikitik, representante da Fundación VAC-AN.

Este caderno didáctico pretende ofrecer unha ferramenta educativa para que os máis pequenos poidan aproveitar e comprender o contido da exposición de maneira accesible e divertida.

Todos os nenos e nenas que asistan ao evento recibirán unha copia deste caderno, que tamén estará dispoñible en formato descargable na páxina web da Rede Museística.

Para culminar os actos, ás 19:00 horas, o público poderá gozar do concerto «Ronsel 100: a música nas revistas de vangarda», a cargo do tenor Jonatan Alvarado e o guitarrista Samuel Diz, que se realizará ao finalizar a presentación. Unha proposta musical especialmente deseñada para reflectir o espírito vangardista de Ronsel, que será un broche de ouro para esta celebración centenaria.

Con esta serie de actividades, a Rede Museística Provincial de Lugo convida a todos os públicos a participar e despedir esta exposición que homenaxea unha das publicacións culturais máis significativas da historia de Lugo e Galicia.

Detalles

Fecha:
28 de octubre
Hora:
18:00
Categoría del Evento:

Local

Museo Provincial de Lugo
Praza da Soidade, s/n
Lugo, 27001
+ Google Map
Teléfono
982 24 21 12
Ver la web del Local