ADEGA-Lugo coordinará unha xornada de limpeza no río Rato o próximo domingo, 29 de setembro, no marco da Limpeza Simultánea de Ríos organizada pola asociación ecoloxista e pola súa iniciativa Proxecto Ríos ao longo de toda a xeografía galega.
O punto de encontro será ás 9:30 horas na entrada principal do parque de Albeiros e está previsto o remate da actividade para as 13:00 horas. Para participar é necesario inscribirse previamente a través do correo electrónico adegalugo@adega.gal.
Ademais, a UNED Lugo e Coidemos Lugo organizan outra limpeza simultánea no río Miño.
Todo o voluntariado, tanto nunha coma noutra limpeza, será agasallado cunhas camisolas co lema da limpeza «Móllate polos ríos».
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte