Charla e cata «Un modo de vida: mel de Galicia, disfrútao»
23 de Maio 2025, 18:00 – Biblioteca Pública de Lugo – Salón de actos – De balde
Charla formativa onde se explicará que é o mel, elementos necesarios para extraela. Diferenzas entre os individuos que habitan as colmeas e como son os panales onde as abellas gárdana con celo. E distinguir as distintas partes da colmea.
A figura do apicultor/a e do envasador/a, así como ás ferramentas precisas coas que traballa. Todo o ciclo de vida do Ouro Doce, desde as flores ata o bote de Mel de Galicia.
CATA DE MELES
Tes vista, tes olfato, tes gusto?
Non todos os meles son iguais atrévete a probar o ouro doce da natureza galega: o Mel de Galicia, un modo de vida.
Actividades levadas a cabo polo Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia en colaboración con APLA (Asociación Provincial Lucense de apicultores)
Para nenos/as a de 6 a 12 anos, pais e nais (12 prazas)
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte