Charla sobre a historia da arte en Galicia
Na tarde do mércores día 16 de setembro, ás 17:00 horas no salón de actos da ESCOLA DE ARTE E SUPERIOR DE DESEÑO RAMÓN FALCÓN, a profesora, historiadora, catedrática emérita e académica da Real Academia Galega de Belas Artes María Vitoria Carballo-Calero desenvolverá una charla sobre a historia da arte en Galicia.
Dáse a notoria circunstancia de que María Vitoria Carballo-Calero foi a primeira directora deste centro, que comezou a súa actividade coa década dos anos setenta do século XX.
Este evento, promovido pola Real Academia Galega de Belas Artes e financiado polo Parlamento de Galicia, constituirá a clase inaugural deste de curso 2026-27.

