Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Cine «Vikingland»

15 de abril - 19:30
Cine «Vikingland»
Ciclo: Sesións de Filmoteca abril 2026 do Club Cultural Valle Inclán
Data de proxección: Mér, 15/04/2026 – 19:30
Lugar: Salón de Actos da Casa do Saber
Director: Xurxo Chirro
España
2011
Documental | Inmigración. Cine experimental
99 min
VOG
Entrada libre para socios do Valle-inclán e comunidade universitaria. Resto do público cota proporcional de socio.
Sinopse:
Un singular filme (galego) que obtivo recoñementos en Marsella, Mar del Plata e Gijón, o éxito creativo do ano.
Detectando á perfección as tendencias creativas da mellor non ficción contemporánea, Vikingland, “idea e manipulación” a cargo de Xurxo Chirro, provén dun material acumulado alleo, produto das gravacións persoais do mariñeiro Luis Lomba ‘o Haia’, compañeiro de viaxe do pai de Chirro, e realizadas en Dinamarca e Alemaña entre outubro de 1993 e marzo de 1994.
Unha inmersión moderna e rotundo cuestionamento do (suposto) atraso estético audiovisual propio, un título pletórico e inzado de humor –retranca-, Chirro plantexa unha transposición máis que libre do Moby Dick de Melville –incrusta unha estrutura narrativa dividida en capítulos- que lle permite engarzar coa mellor tradición da remontaxe, procurándolle un novo sentido ás (sorprendentes) imaxes e fundindo con sagacidade diario, epístola, ensaio e apropiacionismo, un fresco discurso sobre a condición da mirada, o efecto de representación e as consecuencias do metarrelato.
Premios:

Festival de Cine Independente de Lima (2013). Premio da Crítica Internacional (FIPRESCI)

Festival Márgenes de cine español (2013). Premio á Mellor película (ex aequo)

Festival Play-Doc (2012). Premio á Mellor película.

Detalles

  • Fecha: 15 de abril
  • Hora:
    19:30
  • Categoría del Evento:

Local

  • Casa do Saber
  • Praza Pío XII, 3
    Lugo, Lugo 27001
    + Google Map