9.4 C
Lugo
Mié, 16 Abr 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto da Orquestra Sinfónica Vigo 430

22 de marzo - 20:00

Concerto da Orquestra Sinfónica Vigo 430 con Sonoko Miriam Welde, violín e L. López-Antón, director.

Sábado, 22 de marzo de 2025

20:00 h.

Círculo das Artes de Lugo

Programa:

  • F. Mendelssohn: Concerto para violín en Mi menor, Op. 64
  • J. Brahms: Sinfonía nº 2

Venda de entradas para non socios:  Oficinas do Círculo das Artes

Entradas para non socios: 20 €
Entradas estudantes: 5 €* (*menores de edad e estudantes do conservatorio: entrada gratuita)

Pódense reservar entradas escribindo a: filarmonicadelugo@gmail.com

Alta de socios e información tamén en: filarmonicadelugo@gmail.com

Sonoko Miriam Welde

Sonoko Miriam Welde é unha das novas violinistas norueguesas máis interesantes dos últimos anos. Toca un Antonio Stradivarius de 1736, o Spencer Dyke, xenerosamente prestado polo Almennyttige Fond de Anders Sveaas.

É membro fundador do cuarteto de corda Opus13 co que gañou o 2º Premio no prestixioso Concurso Internacional de Cuarteto de Corda de Banff en 2022.

Entre as súas actuacións máis destacadas en 2023 inclúense estreas de concertos en Alemaña, España e Dinamarca, e actuacións de cuarteto en Corea do Sur, Suíza e Eslovaquia.

Recentemente foi anunciada como nova directora artística de Vinterfestspill i Bergstaden, un festival de música de cámara en Røros, Noruega.

Nada en Bergen en 1996, debutou aos nove anos coa Filharmónica de Bergen e dende entón gañou o Premio Solista de Noruega, o concurso Virtuos e a Beca Equinor de Música Clásica.

Actuou en concertos coa Filharmónica de Oslo, a Royal Philharmonic Orchestra, a Sinfónica de Bournemouth, a Filharmónica de Bergen, a Sinfónica de Trondheim, a Orquestra da Radio Noruega…

Entusiasta da música de cámara, Sonoko foi promovida por Leif Ove Andsnes, con quen actúa regularmente, e tamén traballou con Tabea Zimmermann, Clemens Hagen, Alisa Weilerstein, Jonathan Biss, Sergio Tempo e Janine Jansen.

Participa con frecuencia no Festival Internacional de Bergen e actuou no Festival de Música de Cámara de Risør, ArtLink Belgrado, o Festival de Música de Cámara de Oslo, o Festival Internacional de Música de Cámara de Utrecht, o Grachtenfestival de Ámsterdan e o Festival de Rosendal.

José Luis López-Antón

José Luis López-Antón é considerado unha das máis brillantes e carismáticas promesas da nova xeración de directores de orquestra en España.

Actual director titular e artístico da Orquestra Sinfónica de Ávila (OSAV), en moi pouco tempo a súa carreira está tendo un grande ascenso.

Nado en 1990, realiza os seus estudos superiores no Conservatorio Superior de Salamanca, obtendo Matrícula de Honra e Premio Extraordinario Fin de Carreira.

Durante tres cursos consecutivos obtivo a Beca para alumnos con Excelente Aproveitamento Académico da Xunta de Castela e León como premio ao seu expediente.

Destacan na súa formación os mestres Miguel Romea, Andrés Salado, Achim Holub, e Andrew Gourlay, anterior director titular da Orquestra Sinfónica de Castela e León, do que foi director asistente en diversas producións. Tamén foi asistente dos mestres Vasily Petrenko e Gordan Nikolic. Así mesmo, foi director asistente da Orquestra da Universidade Alfonso X O Sabio en Madrid.

En pasadas tempadas dirixiu en España a diversas orquestras como a Orquestra Sinfónica de Radiotelevisión española (ORTVE), a Orquestra Sinfónica de Castela e León (OSCeL), a Orquestra e Coro da Comunidade de Madrid (ORCAM), a Orquestra de Córdoba, a Orquestra Sinfónica de Navarra …

Tamén destacan as súas presentacións de tempada de abono en México xunto á Orquestra Filharmónica da Cidade de México (OFCM) na Sala Silvestre Revueltas, a Orquestra Sinfónica Nacional (OSN) no Palacio de Belas Artes, a Orquestra Sinfónica da Universidade de Guanajuato (OSUG), a Orquestra Filharmónica de Boca del Río…

Dirixiu nas principais salas de concerto españolas, como son o Auditorio Nacional de Música de Madrid, Palau de la Música e L’Auditori de Barcelona, Auditorio de Zaragoza, Auditorio Miguel Delibes de Valladolid, Kursaal de San Sebastián, Teatro Cervantes de Málaga, Teatro principal de Vitoria …

Axenda Cultural de Lugo.

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

Fecha:
22 de marzo
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

Círculo das Artes
Praza Maior, 23
Lugo, Lugo 27001 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 225 051
Ver la web del Local