- Este evento ha pasado.
Concerto de aninovo da Banda Filharmónica de Lugo

Concerto de aninovo da Banda Filharmónica de Lugo
«Baixo o título de “Redención”, presentamos unha viaxe musical que non deixará indiferente a ninguén.
Estaremos acompañados pola asociación Capaces de Lugo coa fin de dar visibilidade e apoiar ás persoas con TEA e trastornos da comunicación.
Agardámosvos o próximo domingo 4 as 20h no auditorio Fuxan os Ventos de Lugo. Xa se poden adquirir as entradas a través da plataforma do concello entradaslugo.es
Programa:
- Robert W. Smith: Sinfonía 1 «A Divina Comedia»
- Philip Sparke: «Ano do Dragón»
ENTRADAS:
Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
























