Concerto de corais en homenaxe ao pintor Manuel Gulín
O salón de actos da Delegación Territorial da Xunta en Lugo acollerá este venres, día 7, un concerto de corais en homenaxe ao pintor Manuel Gulín; comezará ás 20,00 horas e a entrada será libre e gratuíta ata completar aforo.
A homenaxe estará protagonizada polo Orfeón Lucense e o Coro da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo.
Manuel Gulín, natural de Ribadavia, desenvolveu gran parte da súa vida en Lugo, onde faleceu en setembro do 2023.
Foi un destacado membro da escena cultural da provincia; expuxo a súa obra en numerosas exposicións individuais e colectivas e mantivo unha colaboración constante como xurado con certames culturais como os do Belén de Begonte ou os da Biblioteca Pública Provincial.
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte