21.1 C
Lugo
Mar, 1 Jul 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto de Cosmos Quartet

24 de mayo - 20:30

Concerto de Cosmos Quartet

24 de maio – Círculo das Artes –  20:30 h – Entrada gratuita ata esgotar localidades

Programa: Ecos Londinenses  (Haydn, Adès, Purcell, Britten)

Franz Joseph Haydn (1732-1809)

  • Cuarteto de corda en re maior, op. 71, n.º 2, Hob III:70 (1793)

Thomas Adés (1971)

  • Arcadiana, op. 12 (1994)

Henry Purcell (1659-1695)

  • Fantasía VII en do menor, Z 738 (ca. 1680)

Benjamin Britten (1913-1976)

  • Cuarteto de corda n.º 2 en do maior, op. 36 (1945)
COSMOS QUARTET

Bernat Prat, violín
Helena Satué, violín
Lara Fernández, viola
Oriol Prat, violonchelo

Creado en Barcelona en 2014, o Cosmos Quartet consolidouse como un dos cuartetos de corda máis atractivos do panorama musical actual.

As súas interpretacións, que abarcan música dende o século XVIII ata a máis actual, son recibidas con eloxios pola crítica e definidas como honestas, elegantes, expresivas e cativadoras.

Dende os seus inicios a formación obtivo un amplo recoñecemento co primeiro premio no concurso Irene Steels-Wilsing Foundation Competition 2018 de Heidelberg, o primeiro premio no Concurso de Música de Cámara BBVA Montserrat Alavedra 2018, así como os terceiros premios no Jospeh Joachim International Chamber Music Competition 2019 de Weimar e o Carl Nielsen International Chamber Music Competition 2015 de Copenhaguen.

Dende a tempada 2021-22 ata a 2023-24 son grupo residente no Palau da Música Catalá de Barcelona, cun ciclo de 8 concertos dedicados a Robert Schumann, Johannes Brahms e Anton Webern.

En maio de 2019 publicaron o seu primeiro rexistro discográfico co selo Seed Music que inclúe obras de Haydn, Brahms e Raquel García-Tomás.

En 2023, tamén con Seed Music, publicaron o segundo álbum que inclúe obras de Beethoven, Brahms e Octavi Rumbau, e en 2024, cun terceiro rexistro, completarán a gravación da integral para cuartetos de corda de Brahms.

Dentro da programación do Festival de Música Cidade de Lugo – Web oficial 

O Festival de Música Cidade de Lugo está organizado pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación (Área de Cultura) e a Sociedade Filharmónica de Lugo.

8 concertos a non perder no Festival de Música Cidade de Lugo 2025

Axenda Cultural de Lugo.

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

Fecha:
24 de mayo
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

Círculo das Artes
Praza Maior, 23
Lugo, Lugo 27001 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 225 051
Ver la web del Local