13.3 C
Lugo
Lun, 8 Dic 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto de Crúas

26 de abril - 22:30

Concerto de Crúas

Clube Clavicémbalo
Sábado, 26 de Abril
22.30 horas.

O dúo galego Crúas, formado por Alba Ermida e Iria San Marcial veñen de lanzar dúas novas cancións, “Compañeira”, cunha mistura de son tradicional e ritmos contemporáneos, e “Nai de ninguén”, unha nova peza que transforma en música o fermoso poema “Non chegarei a” da autora galega e Premio Nacional de Poesía 2022, Yolanda Castaño.

Estes novos temas supoñen un paso adiante no camiño creativo do dúo, que afirma:
“Con estas cancións sopramos ventos novos que enchen as velas de Crúas camiño doutras
paisaxes.”

A proposta musical de Crúas nace dende a lírica pero abarca a intención de crear unha simbiose entre a música e a palabra que permita que ambos universos se enriquezan mutuamente.

Crúas preséntanse en Lugo, nesta ocasión, como cuarteto e estará formado por:
Alba Ermida – Voz, clarinete e percusión
Iria San Marcial – piano e voz e coa participación de David Jácome – Batería e percusións e Yudit Almeida – Contrabaixo.

Axenda Cultural de Lugo.

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

  • Fecha: 26 de abril
  • Hora:
    22:30
  • Categoría del Evento:

Local