Concerto de Marty e Olivia Willson-Piper
Marty Willson-Piper, guitarrista do grupo THE CHURCH (1980-2013), chega ao Club Clavicémbalo acompañado pola súa muller Olivia Elektra (Violín) para repasar en directo a súa traxectoria: dende os éxitos de The Church, pasando por cancións dos seus 6 discos en solitario, e outros momentos da súa dilatada traxectoria noutros proxectos como The Saints ou All about Eve.
Marty tamén colaborou con artistas como Grace Slick, Linda Perry, Aimee Mann, Susanna Hoff e Jules Shear.
Durante os seus anos en THE CHURCH, Marty desenvolveu unha ampla carreira na que gravou discos tan destacados como «Hey day», «Starfish», «Gold afternoon fix» ou «Seance».
O grupo formouse en Sidney en 1980 e en 1987 acadaron o número un dos USA con «Under the Milky Way».
Ao longo dos seus máis de 30 anos de carreira, realizaron unha intensa xira por todo o mundo e cubriron varios estilos, desde os primeiros post-punk ata o rock progresivo ou a psicodelia sempre dándolle gran importancia ao traballo das guitarras, creando atmosferas e intensidades combinadas co lirismo das súas letras.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte