9.3 C
Lugo
Jue, 23 May 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro – Hai quen escolle os camiños máis longos

23 de noviembre, 2023 - 20:30

Teatro – Hai quen escolle os camiños máis longos

Berrobambán

  • xoves, 23 de novembro de 2023 20:30 hs.

Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire

Idade recomendada: A partir de 14 anos

Sinopse:

Nesta historia hai tres mulleres: unha nena, unha raíña que foi nena e unha bruxa que foi nena e que foi raíña. Tamén hai un lobo, e un bosque. Ten que haber un bosque no que buscar refuxio cando foxes da fame, de calquera tipo de fame, ou do perigo. Cómpre lembralo. Se non hai bosque, non hai camiños nos que perdernos e atoparnos despois. Cada unha desas tres mulleres escolle un camiño e vaise cruzando coas outras, tamén co lobo, e co lume, pero elas son fortes, saben arriscar, xogan co tempo ás agachadas e gañan, sempre gañan..

Ficha Técnica:

  • Intérpretes: Paula Carballeira, Bárbara Soares, Joanna Saraiva
  • Texto e dramaturxia: Paula Carballeira
  • Dirección: Chiqui Pereira e Paula Carballeira
  • Iluminación: Chiqui Pereira
  • Escenografía: Inês Correia
  • Deseño Gráfico: Nadina Grafica
  • Ax. Produción: Miguel Calvo
  • Produción: Chiqui Pereira, Bárbara Soares

ENTRADAS en entradaslugo.es

Detalles

Fecha:
23 de noviembre, 2023
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 24 44 05