Todo o mundo quere ver a “Sibila” de Velázquez.
Ante as numerosas solicitudes de visitas técnicas individuais o Museo Provincial de Lugo realizará visitas
técnicas guiadas á obra “Sibila” de Velázquez os martes e venres ás 12.30 horas.

A participación nestas visitas require de reserva previa no enderezo electrónico direccion@museolugo.org ou no teléfono 982242112. Configuraranse grupos de 25 persoas, como máximo. 

Mantense tamén a posibilidade de concertar visitas de grupos a demanda, dun mínimo de 10 persoas.

O Museo Provincial de Lugo recibiu 1.638 visitas na primeira semana de exposición da obra “Sibila” de Velázquez. Delas, 1.273 co propósito de ver o cadro do mestre do Barroco que se expón no refectorio desde o
pasado 11 de xuño.

A presenza da obra de Velázquez, que se manterá no Museo Provincial ata o 7 de xullo, encádrase no proxecto “A arte que conecta”, que achega obras mestras da colección del Prado a  dezaoito museos de todo o Estado.