A exposición Mexicráneos é unha mostra da cultura mexicana arredor da morte e das celebracións que realizan polo «día de los muertos».
Trátase dun proxecto artístico que busca eliminar tabúes e espertar na sociedade a necesidade de falar sobre a morte enchendo as rúas de arte.
Trátase dunha exposición de arte urbano de cráneos monumentais, onde o arte tradicional e moderno se unen grazas ás mans de artistas emerxentes e consolidados que buscan romper o tabú da morte.
Mexicráneos é una versión actualizada dos rituais prehispánicos que consistían en adornar os cránios nos enterros e exhibilos durante as cerimonias, facendo das caveiras un símbolo vital ao que se rezou ao longo da historia.
En total, a mostra distribuiu 170 cránios monumentais arredor de todo o mundo e contou coa participación de máis de 1.500 artistas mexicanos e internacionais.
Cada unha das esculturas conta cun panel informativo sobre a artista encargada do deseño, xunto cun código QR que amosa máis información sobre o proceso creativo de cada peza e o significado da mesma.
A mostra chega a Lugo grazas á colaboración do Grupo Albia coa área de Participación, dentro da liña de traballo da área de goberno de prestación de servizos relacionados coa morte, tanto no aspecto material centrado nas exequias e honras fúnebres, como nos relacionados coa dor pola perda e atención ás familias, como todas as actividades relacionadas coa cultura funeraria.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte