Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Concerto de Primavera da Orquestra e Coro da USC (Lugo)

11 de abril - 20:30

A Orquestra e Coro da USC ofrece o seu concerto de Primavera o sábado 11 de abril ás 20.30 horas no Círculo das Artes de Lugo. O acceso é de balde.

Esta actividade está incluída dentro da programación da Primavera Cultural e artéllase ao abeiro do convenio Lugo Cultural que desenvolven a USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Música en Camiño é o programa de concertos externos da Orquestra e o Coro da Universidade de Santiago de Compostela, unha iniciativa que se vén desenvolvendo de forma continuada dende o ano 2010.

Este proxecto nace coa vontade de achegar a música á cidadanía, promovendo o intercambio cultural entre os membros das agrupacións —formadas por estudantes, profesorado e persoas afeccionadas á música— e os diversos públicos aos que se dirixen.

Ao longo das súas tempadas, a OCUSC —con máis de cen integrantes— traballa cun compromiso constante a través de ensaios semanais que culminan nunha programación variada e de interese xeral.

O programa diríxese a espazos e entidades que desexen contribuír á difusión da cultura, e en particular da música sinfónica, ofrecendo concertos accesibles e divulgativos. Neste marco, ademais da interpretación de obras representativas do repertorio orquestral e coral, o público poderá gozar de breves explicacións adaptadas que faciliten unha comprensión máis profunda das obras, dos seus contextos e da arte musical en xeral.

Detalles

  • Fecha: 11 de abril
  • Hora:
    20:30
  • Categoría del Evento:

Local