Sábado, 15 de marzo de 2025 – 20:00 h. – Círculo das Artes de Lugo – Entrada de balde
En colaboración co Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo
1º Premio do Concurso de Interpretación Musical Xosé Castiñeira 2024
Iago López Núñez, frauta
Ensemble Filharmónica:
Rebeca Maseda, violín
Manuel Fernández, violín
Diego Segade, viola
Virginia del Cura, violonchelo
Andrea Vilar, piano
Programa:
W. A. Mozart: Cuarteto con frauta en Re maior nº 1, K. 285
Bohuslav Martinu: Trío para frauta, violoncello e piano H.300
Antonin Dvorak: Cuarteto de cordas en Fa maior, Op. 96 «Americano»
Concurso de Interpretación Musical Xosé Castiñeira
O Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo, organiza o Concurso de Interpretación Musical Xosé Castiñeira coa finalidade de motivar ao alumnado das distintas especialidades instrumentais mediante a interpretación pública dunha ou varias obras pertencentes ao repertorio solista do seu instrumento, e tamén dar a coñecer a Xosé Castiñeira, compositor, arranxador, teólogo e director de coro, unha das primeiras persoas en compoñer música relixiosa en galego e un dos compositores máis notables da nosa cidade.
Na tempada pasada a Sociedade Filharmónica de Lugo comeza unha colaboración co Concurso de Interpretación Musical Xosé Castiñeira consistente en instituír, como premio do concurso, a residencia e debut do gañador nun concerto da nosa tempada.
O gañador do Concurso da edición de 2024 foi o novísimo frautista Iago López Núñez. Acompáñano, no Cuarteto con frauta en Re maior nº 1, K. 285 de Mozart e no Trío para frauta, violoncello e piano H.300 de Bohuslav Martinů, os compoñentes do Ensemble Filharmónica, creado o ano pasado, especialmente para a ocasión e formado por prestixiosos músicos da nosa comunidade, coa intención de manter esta colaboración coa nosa Sociedade.
Ofrecerannos na segunda parte do concerto unha das obras mestras para cuarteto de corda, o Cuarteto “Americano” de Antonin Dvorak.
Dentro da programación da Sociedade Filharmónica de Lugo
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
https://www.instagram.com/vivalugo/