Pablo Suárez Calero, violín
Sábado, 26 de outubro de 2024
20:00 h.
Círculo das Artes de Lugo
Programa:
BRAHMS: Abertura para un festival académico, Op. 80
L.v. BEETHOVEN: Concerto para violín en re maior, Op. 61
BRAHMS:Sinfonía nº 1, Op. 68
Ensemble Praeteritum é un conxunto instrumental creado polo violinista Pablo Suárez Calero en 2011.
Un dos seus principais obxectivos é a busca da novidade na maneira de afrontar a música.
Por medio de fortes contrastes dinámicos e expresivos, improvisacións, cadencias, recitativos, e unha busca constante de cores no son, o Ensemble interpreta a partitura creando unha beleza especial e persoal destinada puramente ao goce do público.
Os integrantes do Ensemble Praeteritum estudiaron en España, Alemaña, Italia e Bélxica con mestres da altura de Nicolás Chumachenco, Ana Chumachenco, Salvatore Accardo, Igor Oistrakh, Tabea Zimmermann, Franco Gulli, Agustin Dumay e Günter Pichler.
Dende 2023 converteuse tamén en formación de orquestra sinfónica sen a usual figura do director, tras unha longa e recoñecida traxectoria como conxunto de cámara.
Pablo Suárez Calero nace en Madrid e estuda con Nicolás Chumachenco na Hochschule für Musik de Freiburg, con Salvatore Accardo na Accademia Walter Stauffer de Cremona e con Agustín Dumay en Bruxelas.
Tiveron tamén unha grande influencia na súa formación: Gonçal Comellas, Víctor Martín, J. Ellermann, Franco Gulli e Igor Ozim.
Foi concertino invitado na Orchestre Philarmonique de Marseille, Orchestre National Bordeaux Aquitaine, Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquestra de Cámara Reina Sofía, Helsinki Philharmonic Orchestra, Royal Danish Orchestra, Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias, entre outras.
Colabora cos artistas e directores Maurizio Pollini, Bruno Giuranna, Jean Jacques-Kantorow, Lawrence Foster, Christophe Rousset, Lucas Macías ou Rossen Milanov, entre outros.
Venda de entradas para non socios: Oficinas do Círculo das Artes
Entradas para non socios: 20 €
Entradas estudantes: 5 €* (*menores de edad entrada gratuita)
Pódense reservar entradas escribindo a: filarmonicadelugo@gmail.com
Alta de socios e información tamén en: filarmonicadelugo@gmail.
+ Info: www.filarmonicadelugo.com