Concerto «Faltriqueira»
Venres 07 de marzo de 2025 – 22:30 horas – Club Clavicémbalo
Coa entrada do 2025, Faltriqueira prepárase para presentar un repertorio renovado que mestura a nosa esencia folclórica con novas influencias.
Este novo traballo incluirá cancións inspiradas en textos de Rosalía de Castro e nun
dos poemas que Federico García Lorca escribiu en galego, achega así unha sensibilidade única que conecta coa forza e delicadeza da nosa tradición.
«Un por un, os temas musicais reflicten e honran a esencia das mulleres galegas e as súas vivencias na esfera familiar e na artística; resoan coa voz da terra galega que levamos no noso canto.
Mantémonos fieis ás formas e sons galegos e tamén abrimos espazo para a evolución e o diálogo co mundo, integrámo-lo máis profundo da nosa tradición na visión universal que sempre buscamos. T
raemos un repertorio creado para emocionar e honra-la nosa historia e estamos desexando compartilo con todos vós.
Celebrámo-lo noso co corazón cheo de orgullo.»
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte